| Briefing |
Conxunto de instrucións breves, escritas ou orais que se dan aos que van realizar un traballo. Normalmente dáse nunha reunión informativa que se centra nos obxectivos que hai que cumprir.  |
| Cromática |
Relativo ou pertencente á cor ou ás cores.  |
| Grafismos |
Xeito de facer un debuxo, un trazo. Especialidade das artes gráficas relacionada coas técnicas e coa composición dos elementos gráficos que interveñen na páxina impresa, e en todos os procesos de reprodución e estampación.  |
| Iconográficos |
De iconografía. Estudo descritivo do conxunto das imaxes, símbolos e motivos que ilustran un tema determinado. Conxunto de ilustracións que aparecen nunha publicación.  |
| Imaxe corporativa |
Opinión, positiva ou negativa, que ten o público dunha empresa, organización ou institución, xerada pola súa maneira de facer as cousas, polas súas actuacións e comunicacións, as súas crenzas e valores, a súa política de empresa e o resto das súas actividades e expresións.  |
| Intrínseca |
Interiormente. Por oposición a extrínseco, que pertence á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.  |
| Metacrilato |
É un sólido transparente, ríxido e resistente ós axentes atmosféricos, é un dos materiais plásticos máis utilizados.  |
| Potencial |
Que existe como posible, pero que non é actual.  |
| Postergada |
Colocada despois de.  |