CARTEIS AMBIENTADORES: Utilízanse para lembrar algún aspecto referido á actividade do punto de venda, do produto, crear ambientes estacionais (primavera, verán, outono e inverno), anunciar as saídas de novos produtos, promocións especiais, etc. |
 |
Temporalidade: Dado o obxectivo da súa utilización, a duración destes carteis é menor que a dos indicadores. O tempo pode ir dende unha semana ata un ano, dependendo de si é un cartel de oferta (semana do..., quincena do... mes do...), estacional (que dura unha das catro estacións do ano), ou anual (por exemplo: "mesmo prezo durante todo o ano"). |
|
|
|
 |
Utilidade: Son carteis que informan de accións puntuais dentro do establecemento ou explican algunha calidade intrínseca dun produto. A súa función é conseguir a compra no punto de venda nese momento. |
|
|
 |
Colocación:
Deben colocarse cerca dos produtos, xa que a súa función consiste en facilitar a compra de forma impulsiva, aínda que como indica a palabra, tamén serven para ambientar e poden estar colocados dende o teito ó longo de todo o establecemento. Os que se ven nas fotografías son os lugares máis utilizados para colocar este tipo de carteis.
|
|
|
 |
Tamaño da letra: Como a colocación non vai superar en ningún caso os tres metros de altura, o tamaño da letra adecuado para a súa lexivilidade é como mínimo entre 5 e 10 cm. |
|
|
 |
Materiais: Dado o escaso tempo que van permanecer estes carteis no punto de venda, non necesitan estar confeccionados con materiais tan resistentes como o plástico. Nestes casos utilízase frecuentemente o cartón, papel pluma, etc. |
|
|
 |
Formas: Tendo en conta a súa utilidade, permítense todo tipo de formas, redondas, en estrela, cadradas, rectangulares, etc. Cada forma se adaptará ou dependerá do contido do cartel. |
|