 |
Temporalidade:
Son carteis que van permanecen moito tempo no establecemento porque a súa función é a de dirixir o fluxo de clientes cara determinadas zonas do punto de venda.
|
|
 |
Utilidade: Neste caso son carteis informativos porque indican o lugar onde se atopan as seccións do punto de venda e as familias de produtos. |
 |
Colocación: Estes carteis radícanse a unha altura entre os 250 cm e os 300 cm., normalmente cólganse do teito, por enriba dos andeis. Deben colocarse na entrada, nos corredores e encrucilladas. É dicir, en lugares moi visibles e no mesmo sentido do fluxo da circulación da clientela.
|
 |
Tamaño da letra: Por ser carteis que @ consumidor/a vai ter que ler dende lonxe, para saber onde poder dirixirse, o tamaño da letra debería estar entre os 10 cm. (que se lee a unha distancia de 10 m.) e os 20 cm. (que se lee a unha distancia de 30 m.) e polas dúas caras. A elección dependerá das dimensións do establecemento e da colocación dos carteis. |
 |
Materiais: Por ser carteis que van permanecer durante bastante tempo no punto de venda, deben estar confeccionados con material resistente. O material máis utilizado é o plástico. No caso dos establecementos comestibles, as veces os carteis teñen un foco luminoso e son de metacrilato transparente para axudar a atopar ás seccións como carnacería, chacinería, etc. Normalmente están feitos por empresas especializadas. |
 |
Formas: Tendo en conta o tipo de cartel, as formas máis usuais son as rectangulares e as cadradas, aínda que tamén pódense utilizar en forma de frecha. |