Antitrazas |
Traza = designación común a varias especies de insectos coleópteros que teñen unha larva que destrúe o papel, a madeira, a pel e outros materiais semellantes.  |
Código de barras |
Chamado código EAN. Sistema europeo de identificación de artigos de gran consumo para facilitar o seu tratamento no punto de venda.  |
Competencia |
Persoa ou empresa coa que se mantén rivalidade  |
Cuantitativa |
Que ten en conta a cantidade de algo.  |
Cueiro |
Pano ou tira doutro material que se lles pon ós meniños ou adultos para recoller os seus excrementos  |
Demanda |
Cantidade de produtos ou de servizos que un comprador ou unha compradora está dispost@ a adquirir a cada nivel de prezo.  |
Denominación de orixe |
Ou marca colectiva: Marca pertencente a unha asociación de produtor@s u organismo especializado, que é usada pol@s soci@s autorizad@s como símbolo de pureza de orixe ou garantía de calidade, mantendo estrictos controles da asociación. Represéntase a miúdo cun debuxo ou símbolo sinxelo.  |
Detallistas |
Comerciantes que se dedican a vender mercadorías directamente @ consumidor/a final (comercio polo miúdo). Mercan normalmente a un ou varios maioristas (comercio polo xunto), aínda que algúns grandes fabricantes lles subministran directamente.  |
Estratexia |
Plano, método ou política deseñada para conseguir determinados obxectivos. Por exemplo, a estratexia comercial ou de vendas, de comunicación ou publicitaria, de distribución, de prezos e marcas, de persoal, financeira, de produción e informática  |
Línea de produtos |
Conxunto homoxéneo de produtos que cubren unhas necesidades similares e que se ofrecen ó consumidor ou consumidora baixo unha mesma marca.  |
Luvas |
Peza de vestir que cobre as mans e os dedos  |
Marca |
Signo distintivo dun produto da industria, do comercio ou do traballo, que o diferencia de outros produtos similares  |
Marca de distribuidor/a |
Marca similar á marca branca, coa diferencia de que non é obvio para @ consumidor/a que se trata dunha marca propiedade da cadea de establecementos e que pode ter fabricantes distintos. O deseño da etiqueta e o prezo ó que se vende o produto é similar ó da marca d@ fabricant@ , polo que o obxectivo d@ distribuidor/a non é aumentar as vendas ou dar imaxe de barato, senon mellorar a marxe, xa que o prezo de custo sí é menor.  |
Obsoleto |
Que caeu en desuso; anticuado, antigo, arcaico  |
Potencial |
Posible, pero todavía non real.  |
Referencia |
Unidade de venda perfectamente identificada mediante un número que corresponde a un artigo dunha determinada talla, tamaño ou envase  |
Segmento |
Conxuno de compradores e compradoras con características homoxéne@s  |
Valor engadido |
Incremento do prezo obtido en cada fase do proceso produtivo. O valor engadido obtense deducindo do prezo do produto terminado os custos de todos os materiais e servizos adquiridos do exterior que se necesitaron  |
T.P.V. |
Siglas de Terminal Punto de Venda (programa de ordenador onde quedan rexistradas as entradas e saídas de mercadorías)  |