Fai tempo, @s comerciant@s elixían para poñer a venda os produtos que lles traían @s provedor@s, sen ter en conta as necesidades d@ consumidor/a, nin a demanda da súa clientela. Na elección do surtido @ comerciant@ ten que ter en conta unhas limitacións importantes: ofrecer a máxima cantidade de produtos segundo as necesidades da súa clientela, adaptarse ó espazo físico da tenda e por último, a cantidade de diñeiro (a inversión) que pode destinar a mercar eses produtos. |
|
CLASIFICACIÓN DO SURTIDO POR NIVEIS: |
 Esta clasificación consiste en ordenar o conxunto ou miles de referencias nunha serie de niveis etiquetados cun nome. @ encargad@ do punto de venda debe ser consciente da evolución experimentada nas novas tecnoloxías que lle permitirán xestionar o surtido utilizando programas informáticos específicos e, para os que necesitará esta división. |
 Dependendo do tipo de establecemento comercial e do seu surtido, o número de niveis variará, xa que non é unha regra fixa. |
Os principais niveis ou divisións do surtido que se poden utilizar son: |
|
|
DIVISIÓNS, por exemplo, nun hipermercado: ALIMENTACIÓN e NON ALIMENTACIÓN |
|
 |
SECTORES OU DEPARTAMENTOS: Constitúen os grandes centros de actividades dun comercio. Por exemplo, seguindo co hipermercado: dentro de alimentación perecedoiros e non perecedoiros |
|
 |
SECCIÓNS: Son unidades de negocio administrativas e contables. Seguindo co exemplo do hipermercado: dentro dos perecedoiros, os lácteos. |
|
 |
FAMILIAS: Agrupan unha serie de artigos que se corresponden con unha mesma necesidade. Seguindo co hipermercado dentro dos lácteos, os iogures. |
|
 |
SUBFAMILIAS: Divisións que se marcan dentro dunha familia. Seguindo co exemplo anterior, iogures con froitas |
|
 |
ARTIGOS: Correspóndese con nomes comúns, por exemplo, iogures de fresa. |
|
 |
REFERENCIAS: Designa un artigo específico. Son as unidades de venda. Existirán tantas unidades de venda como marcas, tamaños, envases, modelos, cores, prezos, etc. Identifícanse polo código de barras. |
|
|
|
|
|
|
|
|