Circundada |
Dise do que está totalmente rodeado.  |
Dicroico |
Consiste nun sistema de recubrimento metalizado que, a modo de espello múltiple, multiplica a luz. Este sistema aplícase tanto aos reflectores, cando estes non o levan incorporado, como aos focos ou portalámpadas co sistema e funcionan con lámpadas haloxenas normais. As lámpadas ou reflectores halóxenos dicroicos facilitan a instalación de puntos de luz de gran intensidade e moi baixa potencia (12 w)  |
Dinámico |
Dise dunha obra caracterizada pola forza e o movemento  |
Escenografía |
Arte e técnica de realizar decoracións escénicas.  |
Estático |
Inmóbil, que non ten movemento  |
Suscitando |
Causar ou provocar un sentimento, unha reacción, unha actitude, etc.  |
Unidade conceptual |
Pode definirse como unha idea sintética, abstracta ou concreta, pero expresable de forma sinxela, que se expresa a través dun anuncio, campaña publicitaria ou escaparate e resume o seu contido para lograr o obxectivo previsto.  |
|