|
 |
DEFINICIÓN COMPOSICIÓN: |
 |
A composición dun escaparate ou dun punto frío ou quente no interior do establecemento é a técnica de ordenar armonicamente os elementos (punto, liña, forma, espazo, luz, cor...) nun espazo para conseguir o sentido de unidade conceptual. |
|
|
O PUNTO: |
 |
En escaparatismo e dende o punto de vista óptico, o punto é alí onde se fixa a vista. O punto illado é por natureza estático, pero cando se asocia a outros puntos formando liñas, estas adquiren carácter dinámico.
|
|
|
A LIÑA: |
 |
Delimita os contornos, compón figuras, divide espazos. A súa percepción psicolóxica varía dunhas a outras, segundo a súa composición e forma, como podemos ver no cadro da dereita. |
|
|
|