A composición é a ordenación de elementos nun espazo determinado, como se dicía na súa definición. Este espazo físico pode ser o escaparate da fachada, unha vitrina, unha illa do interior do establecemento, etc. |
Na relación fondo-figura, non hai dúbidas de identidade cando se dispón de profundidade. O efecto espacial acentúase na medida en que somos capaces de facer perceptible a profundidade. Así, podemos sinalar unha serie de factores que nos permiten distinguir entre fondo e figura:
|
 |
A superficie: circundada é a figura e a circundante é o fondo. Na figura da dereita, podería ser o esquema dun corte en sección dunha escultura moderna. As protuberancias empuxan cara afora mentres o espazo circundante invade as concavidades. Prodúcese unha interrelación dinámica. |
 |
 |
A figura: acentúase cando creamos contraste co fondo. As diferenzas facilitan a visión e a semellanza fan que as cousas resulten invisibles. |
 |
 |
A Luz: capta a nosa atención, polo que se consideran figuras as superficies máis iluminadas. |
 |
 |
A lei da simplicidade: aumenta o carácter da figura, é dicir, fai que sobresalga o máis posible. |
 |
O movemento: é un factor determinante xunto coa luz para distinguir a figura do fondo, facéndoa sobresaír. |