MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

3.2 II Xornada Medios de Comunicación e violencia contra as mulleres

En novembro de 2005 celebrouse a II edición da Xornada Medios de Comunicación e Violencia contra as Mulleres. O obxectivo desta edición era insistir nas outras violencias de xénero, aquelas que non conseguiron a visibilidade acadada na axenda mediática pola violencia contra as mulleres no ámbito doméstico. A primeira edición das xornadas centrárase case integramente na abordaxe da violencia contra as mulleres no contexto familiar. Na segunda edición, as comunicacións estaban dirixidas fundamentalmente aos profesionais dos medios de comunicación.

Os temas abordados foron a violencia política contra as mulleres, a violencia sexual, prostitución e tráfico de mulleres, violencia contra as nenas no ámbito familiar, violencia contra as nenas no ámbito escolar, o acoso laboral e o papel do feminismo na visualización da violencia contra as mulleres (tratado por unha representante de Andaina, grupo feminista galego de ampla traxectoria).

O poder de convocatoria foi máis reducido ca na primeira ocasión, o que pode ser considerado síntoma da persistencia dunha visión reducionista, exclusivamente centrada na violencia doméstica, na percepción prevalecente nos medios da problemática social conceptualizada como violencia contra as mulleres (A. B. PUÑAL RAMA; J. EVANS PIM, 2006).