 |
Temporalidade: Neste caso a temporalidade depende da política de prezos que marque a empresa e o mercado. En todo caso, son carteis que hai que actualizar con bastante frecuencia. |
|
 |
Utilidade: Dan información sobre o prezo do produto. Clasifícanse en: |
|
|
Informativos: Levan impreso o nome do produto e o seu prezo. |
|
|
Abaratadores:
Chámanse así porque inclúe a palabra “só”, que engade a idea de menor prezo. |
|
|
De uxencia:
Á palabra "só, engádeselle "hoxe", é dicir, o cartel di"só hoxe". A sensación que produce n@ consumidor/a é de que si non merca o produto "hoxe", perde a oportunidade, porque mañá estará máis caro. |
|
|
Aforro: É un cartel que leva o prezo habitual ó que se vende o produto tachado, e a continuación o de oferta en tamaño moito máis grande. Fai crer ó consumidor ou á consumidora que se aforrou a diferenza que hai entre un e outro prezo, polo que seguramente, ademais da satisfacción de crerse un bon comprador ou unha boa compradora, levará varias unidades do produto.
|
 |
Colocación: Colócanse cerca do produto, enriba do produto (caso do peixe, carne, chacinería...) e nas cabeceiras de góndolas.
|
 |
 |
Tamaño da letra: Varía dependendo da súa colocación. Os que están sobre os produtos poden ter 3 cm. Os que están nas cabeceiras de góndola o prezo debe ocupar, polo menos, 2/3 partes do papel, para dar sensación de produto barato. |
 |
Materiais: Dada a súa temporalidade o material que se utiliza nos carteis de prezo, é o papel, aínda que os hai de plástico para colocar enriba dos produtos. Como xa se veu no tema anterior de rotulación, poden ser rotulados a man ou utilizando as novas tecnoloxías. |
 |
Formas: Normalmente son rectangulares, pero poden adoptar formas redondeadas, ovaladas, triangulares, en forma de frecha, etc. |