Buffer |
Termo angloxasón que quere dicir reserva. Neste caso refírese á capacidade da cola de impresión da impresora.  |
Cartel |
Papel anunciador para fixar en lugares públicos.  |
dpi |
Siglas de dots per inch, que indica puntos por pulgada (ppp). É a unidade de medida da resolución dunha impresora. Neste caso, 365x365=133.225 puntos por pulgada que pode imprimir esta impresora.  |
Ethernet |
Rede de área local na que os ordenadores se comunican uns con outros mediante cables.  |
Etiqueta |
Anaco de papel, tea ou outros materiais que se fixa nun obxecto para indicar a súa marca, o seu prezo, etc.  |
Interface |
Dispositivo entre dúas parte dun ordenador, ou entre ordenadores, que permite a comunición. Por exemplo, entre un ordenador e unha impresora ten que haber un interface para que o ordenador poda mandar imprimir.  |
Letreiro |
Escrito que se coloca nun lugar para avisar ou facer pública unha cousa (nomes das rúas, das tendas, indicacións do transporte, epígrafes dos periódicos, anuncio, cabeceira, membrete, pancarta, placa, etc..  |
Lombo |
Lombo dun libro, etiqueta do lombo dun libro.  |
Marbete |
Etiqueta, rótulo, letreiro, inscrición.  |
Ornamentais |
Pertencente ou relativo á ornamentacion ou adorno; decorativo  |
Público obxectivo |
Sector concreto da poboación ó que vai destinado un produto ou mensaxe publicitaria. Pódese distinguir entre público prescriptor (por exemplo, médic@s) comprador/a e consumidor/a. O público obxectivo defínese polas características demográficas, xeográficas, socieconómicas, e de estilo de vida.  |
Trazo |
Cada unha das raias ou liñas que forman un trazado. Sinal que fai un lapis, unha pluma, un bolígrafo, etc., no papel ó escribir ou debuxar. Sinal que fai un pincel ó pintar sobre calquera superficie.  |