Concepto de tipografía: |
 |
É a arte de seleccionar e compoñer con caracteres gráficos (signos alfabéticos e numéricos) os textos que se imprimirán en calquera tecnoloxía de impresión, optando por un deseño particular de letra, ou fonte, e un tamaño ou corpo adecuados en cada caso. |
 |
Comunicación: |
 |
A tipografía como todo compoñente da comunicación debe posuír uns requisitos básicos, para que se respecten unhas determinadas circunstancias e elementos que fagan posible a comunicación entre as dúas partes @ emisor/a (neste caso punto de venda) e @ receptor/a (neste caso consumidor/a). |
 |
 |
Para que se poida dar a comunicación débense ter en conta os seguintes elementos: |
|
 |
Mensaxe: é o contido da información que @ emisor/a envía @ receptor/a. |
|
 |
Canle: instrumento polo que circula a mensaxe. Nesta caso escrita. |
|
 |
Código: conxunto de signos que se combinan utilizando regras que comparte @ emisor/a e @ receptor/a. |
|
|
Contexto: situación na que se atopan @ emisor/a e @ recpetor/a. Por exemplo, un semáforo se consideraría absurdo nun campo de fútbol, pero si ten importancia no seu contexto: rúa ou estrada. |
 |
Polo tanto, para que haxa comunicación a mensaxe enviada debe ser correctamente decodificada. Esto ocorre cando @ emisor/a e receptor/a comparten o mesmo código e o contexto adecuado. |
Coñecemento d@s persoas a quen vai dirixida a mensaxe: |
 |
Antes de seleccionar a tipografía a utilizar hai que coñecer quen vai ser o público obxectivo a quen vai ir dirixida a mensaxe, xa que hai uns tipos de letras máis lexibles que outros. Por exemplo. unha mensaxe dirixida a unha persoa maior levará un tipo de letra que facilite a súa lectura. |
 |
Tamén facilita a lexibilidade da mensaxe o espazo entre caracteres que teña o tipo de letra seleccionado. Si están moi cerca ou moi separadas dificulta a súa lectura. Unha tipografía con letras anchas e do mesmo tamaño, tamén pode dificultar a súa lectura. |