Benchmarking |
Proba de avaliación (mediante un programa informático que se utiliza para comparar o rendemento de diferentes sistemas de procesos automatizados da información), punto de referencia que serve para efectuar comparacións ou fixar obxectivos. |
db |
Decibelio  |
Datáfono |
Terminal autónomo ou conectado a un centro de autorización que se emprega nos puntos de venda para comprobar a validez das tarxetas bancarias. Consta de módem, impresora e lector de tarxetas.  |
Gama |
Conxunto de produtos ou referencias que se venden nun establecemento.  |
Potenciais |
Que poden ser posibles, neste caso, client@s  |
"Just in time" |
Producir e comercializar de xeito rápido, baixo pedido e tendo que cumprir uns prazos.  |
"Report" |
Parte, documento breve que con carácter periódico informa dos resultados e novidades dunha sección.  |
Segmento |
Parte limitada ou separada dun todo contínuo  |
"Tracking study" |
Estudo de seguimento durante un longo período de tempo da eficacia dunha campaña de promoción, de publicidade, etc. Faise estudando as reaccións do público nos establecementos comerciais.  |