 |
Hoxe, coa utilización das aplicacións informáticas, que permiten aforrar espazo e tempo na xestión administrativa, case que non sería necesario dispoñer dun espazo para oficina.
En realidade, é necesario, por moi pequeno que sexa, para arquivar a documentación que xera a actividade comercial, como poden ser facturas, albarás (de envío ou de arranxo dependendo do tipo de tenda), listado de provedor@s, carteira de clientes e clientas, control de horarios e xestión do persoal, solicitudes de reposición, partes de mantemento de materiais necesarios (bolsas, caixas agasallo, papel seda, papel agasallo, vales de caixa, sobres tamaño arqueo, tarxetas de visita, celo, bolígrafos, rolos de datáfono, tinta de impresora, etc.), planogramas, etc.
Ademais é conveniente dispoñer dunha caixa forte.
|
|
|
 É necesario, para realizar o traballo administrativo e a xestión diaria do punto de venda, dispoñer dun lugar confortable dotado dunha mesa, cadeira, ordenador con conexión a Internet, impresora, teléfono, fax e unha boa iluminación |
|