| Aglomerado |
Produto que resulta dun proceso de aglomeración. Táboa ou taboleiro feito con madeira moída, unida con colas e prensada.  |
| Atrezo |
Conxunto de accesorios, de mobiliario e de decoración, que se utiliza na realización dunha escenografía teatral, neste caso dun escaparate  |
| Cateto |
Cada un dos dous lados dun triángulo rectángulo que forman o ángulo recto  |
| Escaleno |
Dise do triángulo que ten os tres lados desiguais.  |
| Foam |
Coñécese tamén como Goma Eva, como caucho eva, caucho, foamy e espuma recortable. É un material chegado do mundo anglosaxón. A virtude do foam, é que flota ademais das súas múltiples aplicacións, entre outras, en escaparatismo.  |
| Grella |
Armazón de variñas de ferro que, colocada no teito do escaparate serve para colgar obxectos.  |
| Hipotenusa |
Lado maior dun triángulo rectángulo oposto ó ángulo recto  |
| Kraft |
Papel que se utiliza normalmente para envolver. Haino en todas as cores, varios anchos e lonxitudes.  |
| Mediatriz |
Lugar xeométrico dun segmento que está á mesma distancia dos seus dous extremos  |
| Ortoedro |
Paralelepípedo ou figura xeométrica que contén seis prismas rectangulares con seis caras.  |
| Panca |
Barra ríxida que, apoiada sobre un punto e facendo forza, serve para erguer grandes pesos.  |
| Porexpan |
Pranchas de
espuma ríxida de poliuretano (compoñente plástico) para o illamento térmico  |
| Randeeira |
Asento suspendido sobre dúas cordas penduradas dunha barra horizontal ou de dúas pólas e que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás.  |
| Trampatoxo |
Técnica pictórica coa que se intenta enganar á vista mediante os recursos do claroscuro e a perspectiva. As escenas pintadas dan sensación de realidade e fan que os obxectos, os seres ou as situacións parezan reais para @ observador/a.  |