 |
ÍNDICE DE RENDIBILIDADE DO LINEAL (IRL): Utilízase cando se queren tomar en consideración todos os parámetros implicados na rendibilidade dun produto ou familia de produtos no lineal [As cantidades vendidas (V), o prezo de venda (Pv) o beneficio bruto (BB) o lineal ocupado polo produto (LO) e a rotación do stock (CR)]. En valor absoluto, este índice non indica nada, só cando se compara entre os diferentes produtos ou familias de produtos, pódese chegar a clasificar mellor a rendibilidade de cada unha das seccións. Utilízase 1/1.000 ou 1/10.000 para simplificar os números e facilitar as operacións. |