|
|
 |
Pinceis de pelo fino : Os pinceis de marta son os máis adecuados para a acuarela e pinturas de auga, aínda que se utilicen pinceis máis económicos como son os de mangosta, mostela, lontra, etc. |
 |
Pinceis de pelo duro : Na actualidade estes pinceis están fabricados con fibras sintéticas. Os naturais son de porco ou porco espín. |
 |
Pinceis redondos: Reteñen mellor o líquido, rematan e punta e son de pelo fino. Recoméndanse para usar en técnicas acuosas como a acuarela, o fresco, etc. |
 |
Pinceis planos: Úsanse para utilizar con técnicas graxas como vernices, ceras, óleos, etc. Preséntanse nunha ampla variedade, os máis correntes son os chamados carrat e os de lingua de gato. |
 |
Espátulas: Atópanse con forma de coitelo ou de paleta e son moi útiles para pastar e pintar. |
 |
Rasquetas: Permiten rascar e empastar superficies. Por exemplo, un dos materias onde se utiliza a rasqueta é co porexpán. |
 |
Lápis: De todos os anchos e grosores, dependendo do tipo de uso que se lle queira dar. É necesario tamén afilalápis. |
 |
Aerógrafo: Visto na unidade didáctica de rotulación. Para traballar con esta ferramenta é necesario utilizar máscara e dispoñer de mesas maiores de 4 metros cadrados, con superficies horizontais e verticais. |
 |
Pinturas: No mercado hai moita variedade de pinturas. As máis utilizadas dentro do ensino, son as pinturas ó auga, máis que as pinturas graxas coas que hai que utilizar disolventes). O motivo é de seguridade (porque non é necesario utilizar disolventes) e alerxias que se poden dar no alumnado. As pinturas ó auga son máis tolerantes, a pesares de todo, o alumnado deberá utilizar as pinturas con máscara colocada. Os exprays utilizaranse con protección e só en casos moi concretos dada a súa perigosidade. |
|