|
|
 |
Cores: Poden ser transparentes ou de distintos tons de distintas cores uniformes ou planas. |
 |
Superficie: Poden ter a superficie rugosa ou lisa |
 |
Espesor: O seu espesor pode variar entre 1 e 13 mm. O máis usual é o de 3 mm. |
 |
Formatos: Os acrílicos transparentes poden figurar tamén en láminas, tubos e varas de distintos tamaños |
 |
Cortes: Para cortar material acrílico utilízase unha serra ou serrón de dentes moi finos ou unha coitela especial. |
 |
Tradear: Para tradear o acrílico, pódese facer coa barrena eléctrica, empregando brocas helicoidais. Ó tradear hai que colocar a peza enriba dun taboleiro de madeira, para evitar que se rompa pola parte inferior. |
 |
Pulir: Para pulir hai que utilizar un disco de pulir, que se pode adherir á barrena eléctrica. |
 |
Soldar: A soldadura de acrílicos faise mediante disolventes, protexendo a zona dos bordes cunha cinta adhesiva |
 |
Moldear: Para moldealos, faise con calor, protéxese a zona que non se quere dobrar con aluminio, deixando ó aire, só a zona pola que se quere dobrar ou manipular. Unha vez protexida ponse sobre unha placa eléctrica utilizando guantes protectores. Hai que dobrar a lámina antes de que se arrefíe coa axuda dunha peza de madeira cortado no ángulo que se desexe dobrar.
|
|