Aspectos a ter en conta: |
 |
Esta estación e a época das vacacións estivais, do tempo dedicado ó ocio. As temperaturas aumentan considerablemente e se produce un cambio n@ consumidor/a, non só na vestimenta, senón tamén na alimentación, no coidado do corpo, no cambio de costumes. As vacacións facilitan o ocio e as viaxes a outras xeografías para as que tamén necesitarán renovar equipamento.
|
|
 |
Os escaparates hai que cambialos. O aspecto que lles daba a primavera é parecido ao do verán pero os produtos non son os mesmos, polo tanto o ambiente hai que adaptalo a estes novos artigos.
|
|
 |
Si a cor era importante en primavera, no verán vese todo máis luminoso. Hai que utilizar as cores que se identifican coa praia, o mar, a montaña, o sol. É dicir, ademais da cor amarela e a branca, hai que empregar a azul mar e azul ceo (que se identifican coa praia), a gama de encarnados (que se identifican co sol) e a gama de verdes (que identifican a natureza e a montaña).
|
|
 |
Para realzar máis os ambientes que se podan crear no escaparate débense utilizar luces cenitais e laterais. |
Propostas de atrezos que se poden empregar: |
 |
A estación do verán permite utilizar moitos e diferentes tipos de atrezos, que non requiren grandes orzamentos, dos que entre outros moitos, propóñense os seguintes: |
|
 |
Plantas verdes imitando fentos, palmeiras, enredadeiras e todo tipo de vexetación para crear unha atmosfera selvática. Pódense colocar no chan do escaparate, suxeitas por fíos de nailon ou pinchadas sobre espuma de cor verde que pasan desapercibidas.
|
|
 |
Figuras de aves, e flores para que dean un pouco de cor. Pódense confeccionar con papel ou porexpán e pintalas de vivas cores para que chamen a atención do público.
|
|
 |
Figuras de porexpán ou xeso imitando motivos mariños como peixes, temóns de barcos, barcos, faros, cunchas, insectos, etc., que se poden suxeitar con alfinetes ou masilla nos laterais e fondos do escaparate, ou con fíos de nailon colgando do teito. Tamén poden servir de soportes para os artigos se o seu tamaño o permite.
|
|
 |
Fondos de papel recreando motivo de verán que resalten as prendas expostas. |
|
 |
Macrofotos con imaxes de actividades propias da época ou paisaxes marítimos, postas de sol, etc. |
Exemplos: |
 |
A continuación, pódense ver nos exemplos atrezos indicados arriba e outro tipo de ambientación máis sobria: |