Aspectos a ter en conta: |
 |
Chegado este punto, é mellor repasar ou facer memoria da lexislación ou normativa actual que sobre as rebaixas se indica na U. D. nº 12 de Promoción de Vendas.
|
|
 |
As rebaixas convertéronse nun período obrigado entre dúas importantes estacións climatolóxicas. Isto inclúe a garantía de que unha vez transcorrido a temporada de rebaixas os produtos serán totalmente novos.
|
|
 |
É importante captar a atención da clientela dende o primeiro día de comezo das rebaixas. Hoxe, xa non resulta fácil seducir @ consumidor/a con importantes descontos, xa que moitos dos establecementos adoptan esta estratexia dende o primeiro día de rebaixas, en lugar de ir subindo paulatinamente esa porcentaxe. |
|
 |
A maio parte dos escaparates non amosan no escaparate os produtos cando están de rebaixas, limítanse a colocar grandes rótulos coas porcentaxes de rebaixas. Isto débese a que hai que centrar a atención d@ consumidor/a na mensaxe que se quere transmitir e, non nos artigos que ó ter que estar retirándoos constantemente darían sensación de desorde.
|
Propostas de atrezos que se poden empregar: |
|
Ademais dos típicos cartelóns, despregados en horizontal ou vertical, ocupando a maior parte do escaparate, indicando a palabra REBAIXAS e a porcentaxe rebaixada, propóñense, entre outros atrezos os seguintes:
|
|
|
Manequíns vestidos, cada un deles, cunha letra da palabra REBAIXAS. O poder de atracción sería un éxito asegurado |
|
|
Encher o escaparate de globos de cores coa palabra REBAIXAS. A igual que o anterior, ó ser tan colorido, o éxito sería asegurado |
|
|
Simular unha balanza, indicando nunha frase con letras grandes: REBAIXAMOS O PREZO, NON A CALIDADE. Isto remarcaría a presenza da calidade. É un recurso para escaparates pequenos. |
|
|
Colgar do teito as bolsas do establecemento a distintos niveis sobresaíndo os artigos, con a palabra REBAIXAS escritas nas bolsas. |
|
|
Utilizar os carteis de REBAIXAS dos Centros Comerciais Abertos, colocándoos en distintas posicións. |
|
|
Colocar manenquís sen vestir, enroscados cunha banda ancha e a palabra REBAIXAS.
|
|
 |
A mellor idea é aquela na que se trata de potenciar o sentido de humor no contido da mensaxe ou na construción, o máis minimalista posible, do escaparate, recordando de que a maioría dos establecementos, por non dicir todos, están de rebaixas e @s consumidor@s centran a súa atención, para seleccionar o establecemento antes de entrar, na información que indica o escaparate.
|