Aspectos a ter en conta: |
 |
A chegada da primavera é un período adecuado para renovar os escaparates con prendas lixeiras e novos complementos, ademais de aproveitar para enchelos de luz e cor.
|
|
 |
Nesta estación as cores que sobresaen son a amarela e a verde vexetal que por si soas conducen ó público mentalmente á primavera. A cor amarela atrae poderosamente a atención, é unha das cores que máis vende. A branca contribúe a resaltar a luminosidade do escaparate. Panelar o fondo e laterais do escaparate de cor branca resulta opticamente moi acertado, xa que resalta moito máis o produto e permite realizar distintas combinacións de cores. |
|
|
|
Propostas de atrezos que se poden empregar: |
 |
Nesta época todo o relacionado con flores e plantas é o atrezo máis adecuado. É a época na que comezan a brotar plantas e árbores.
|
|
 |
As flores son un atrezo imprescindible que está sempre asociado á primavera. É un recurso de baixo custo si se mercan nos bazares e anima moito ó escaparate. Si se colocan flores ou plantas naturais hai que ter moito coidado para que o seu aspecto sexa sempre vivo, do contrario a sensación que transmiten é de descoido do escaparate. Dado que necesitan moito mantemento, non están recomendadas para os escaparates.
|
|
 |
Fíos de arama ou nailon ensartados con flores de plástico ou papel para crear pequenas cortinas de columnas, suspendidas do teito. |
|
 |
Flores xigantes creadas con porexpán, colocadas ó fondo do escaparate ou como soporte para expoñer os produtos. |
|
 |
Soles e animais ou insectos, confeccionados con porexpán ou outros materias, máis difíciles de traballar, utilizando cores vistosas para colgar do teito, utilizar de soportes ou colocar nos laterais e fondos. |
|
 |
Macrofotografías con ambientes relacionados coa primavera. |
|
|
|
Exemplos e ideas: |
 |
A continuación ofrécense exemplos e propostas de escaparates de primavera. |