Aspectos a ter en conta: |
 |
Rematadas as rebaixas de verán, percíbese claramente un novo cambio no clima, comeza o outono. Os tons alegres do verán dan paso aos tons ocres e envellecidos que ambientan os atrezos e os artigos que se expoñen nos escaparates. |
|
 |
As persoas tenden a dar paseos polos bosques e alamedas onde a vexetación vai cambiando as súas cores verdosas polas cores amarelas, encarnadas e ocres ata que as follas caen ó chan alfombrando os camiños, dando unha sensación de placidez e serenidade. Esta sensación é a que hai que transmitir a través dos escaparates. |
|
 |
Pero antes de que se note este cambio de clima, os escaparates de outono xa deben estar confeccionados para que @s consumidor@s podan observar as novas tendencias e lembrarlles ou crearlles novas necesidades. |
|
|
|
Propostas de atrezos que se poden empregar: |
 |
Esta estación é moi fácil de ambientar, e os atrezos a utilizar apenas teñen calculado custo. A continuación propóñense diferentes opcións: |
|
 |
Froitas secas ou alimentos con aspecto envellecido, ciscados polo chan do escaparate, que transmiten unha sensación de ambiente caduco e melancólico. |
|
 |
Follas secas ciscadas polo chan, colocadas nos artigos con alfinetes, ensartadas nun fío de nailon formando cortinas ou pegadas ó fondo e laterais dos escaparates con alfinetes ou masilla servirán para identificar a estación. |
|
 |
Troncos de árbores, con formas irregulares servirán de soporte para os artigos. |
|
 |
Ramos de flores secas, de pallas, balas de palla e ramas secas darán un estilo campestre e natural que recordarán ó outono. |
|
 |
Os revestimentos de madeira dos escaparates e o uso de soportes de madeira, permitirán crear unha atmosfera adecuada. |
|
|
|
Exemplos e ideas: |
 |
A continuación expóñense exemplos ou ideas de escaparates con ambiente de outono. |
|
|
|