O escaparate actúa como tarxeta de visita do punto de venda, é dicir, amósanos o estilo, o deseño, a finalidade comercial, personalidade, etc. É un espazo onde o que realmente vendemos é a nosa imaxe comercial máis que o produto que comercializamos. A clientela quedarase coa imaxe que ofrecemos e non tanto co que lle vendemos |
 |
O escaparate é moito máis cun espazo onde se expoñen os produtos |
 |
 |
O escaparate reflicte a tenda, polo que hai que tratar de establecer unha boa comunicación co público, creando escaparates de prestixio, imaxinativos, dinámicos, provocadores. |
 |
O entorno das rúas comerciais vese favorecida coa visualización dos escaparates que melloran a súa estética e colaboran a que a xente pasee contemplando os bos escaparates das tendas. |
 |
Atendendo o dito anteriormente, o escaparate que exhiben moitos produtos, non é precisamente o que máis vende. Só se consigue cando existe unha relación entre a forma de exposición e a política de vendas. Por exemplo nas tendas de todo a 1 €.
|
 |
Poderíase xeneralizar, dicindo que o maior inimigo dos escaparates é a masificación, pois impide ver a singularidade e transmite mensaxes tales como, mercadorías a bo prezo, baratas, ou ben a idea de están expostas todas as mercadorías e clientela xa non entra no establecemento a buscar.
|
 |
Contrariamente ó punto anterior, si a mercadoría exhibida é moi pouca, pero a súa presentación impresiona, a clientela entrará no punto de venda. |
|