Unidade didáctica nº 13 : ESPAZOS EXTERIORES |
Capacidade terminal elemental: |
Identificar a imaxe que desexa transmitir o establecemento co fin de determinar os parámetros para o deseño do escaparate e acadar o obxectivo desexado. |
Obxectivos: |
Obter unha visión xeral sobre os elementos dos espazos exteriores do establecemento sobre os que pode intervir @ profesional de animación do punto de venda |
|
CONTIDOS |
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
Identificar cada unha das formas a utilizar na elección do nome do establecemento |
Identificar a lexislación vixente sobre sinalización exterior e rexistro de marcas. |
Identificar os distintos tipos de rótulos e a súa localización. |
Explicar a importancia que ten o escaparate para o punto de venda |
Relacionar os elementos que forman parte das partes dunha fachada comercial |
Identificar a información relacionada coa rotulación comercial da localidade. |
|
ACTIVIDADES A DESENVOLVER |
Visitar as empresas da localidade co fin de analizar os diferentes tipos de rótulos que utilizan nas fachadas dos locais comerciais. |
Localizar en Internet ou visitando ó Concello a lexislación vixente sobre sinalización exterior e rexistro de marcas. |
Analizar, mediante fotografías, as fachadas e escaparates de locais comerciais. |
Localizar en Internet cantos establecementos do entorno teñen escaparate web. |
Resolver cuestións relacionadas co nome do establecemento, fachadas e escaparates |
|
|
TEMPORALIZACIÓN U. D. |
sesións: 8 (1 explicación, 1 visitas, 3 exposición e debate, 3 traballo individual) |
       |
  |
|