Realiza os seguintes exercicios por escrito e entrégamos. Indica a U. D., o nome e apelidos e a data de entrega.
Como resultado do debate establecido na aula, durante as actividades de apoio, pon catro exemplos das funcións a realizar en animación do punto de venda.
Pon un exemplo sobre a resolución de calquera continxencia, que pode ser politécnica ou funcional, que se che poda presentar ó longo do desenvolvemento do teu traballo como técnico ou técnica en comercio.
Busca en Internet, na páxina web http://www.google.es información relacionada cos hábitos de consumo e fai un pequeno resumo.
           
|