MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

XORNADAS DE MULLERES DO MOVEMENTO VECIÑAL

“No intento de romper o illamento das mulleres na casa, actividades como esta serven para nos encontrar, para ter presencia na cidade e para ganar o dereito da participar na toma de decisións”. (Maite Fernández, Concelleira da Muller do Concello de Vigo. Inauguración das cuartas xornadas das Mulleres Veciñais)

As Xornadas de Mulleres do movemento veciñal son xa hoxe unha cita clásica na vida de Vigo. Dende o ano 93 no que tiveron lugar as primeiras ata a actualidade, aproximadamente cada mes de Outubro e no Centro Cultural Caixa Vigo, as xornadas nos deixaron de crecer, de contar cada ano con una maior numero de asistentes e de participantes e de incluír nos seus programas moitas das cuestións que afectan á vida das mulleres contemporáneas. Todo isto sirve para que estas Xornadas, sexan sen dubida unha das actividades da Vocalía da Federación que mais valor engadido produce no movemento asociativo feminino de Vigo produce. O papel na vida política e social das mulleres, a autoestima, a sexualidade, a violencia, ou o amor, e sempre có obxectivo da desmitificación dalgunhas das crenzas das mulleres, en moitos casos premidas polos prexuízos sociais e morais, son algúns dos temas que ó longo destas xornadas e dos obradoiros desenvolvidos nelas. téñense tratado.

Da importancia da asistencia do maior numero de mulleres posible a estas xornadas fala Rosa Vila, cando fai mención a dificultade que supón convencer a moitas mulleres dos barrios e parroquias de que renuncien, tan so por uns días os cursos de manualidades ou doutro tipo das súas respectivas Asociacións Veciñais para acudir a cita anual no auditorio de Caixa Vigo, e de como esta inicial “resistencia” volvese sorpresa e satisfacción ó poder asistir a xuntanzas e obradoiros onde a actividade das mulleres das Asociación vai un paso mais aló do que é a actividade de ocio e formación das Vocalías da Muller das respectivas Asociacións Veciñais. Por iso, o feito de que un gran numero de mulleres asistan a Xornadas, e cada ano mais, e unha sinal do cambio producido dende ó inicio das actividades da Vocalía da Federación “Eduardo Chao”.