MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

DIÑEIRO E ADMINISTRACIÓN

“A asociación mantense aberta gracias os traballos que realizan as mulleres, pois os homes non teñen capacidade de aguante para soportar tanta presión dos veciños cando dan queixas xustas, e dende as Administración non nos fan o caso que merecemos”. (Inocencia Puime Domínguez, responsable da Vocalía da Muller da Asociación de Veciños “O Carballo” de Sárdoma)

As actividades formativas das Vocalías da Muller das asociacións non se esgotan nos programas de “O Noso Tempo”. Dende tódalas Asociacións, as Vocalías da Muller levan anos, como vimos anteriormente, organizando cursos por iniciativa propia como complemento os ofertados polo propio Concello de Vigo. En calquera caso, manter un equilibrio entre unha oferta formativa e de ocio a un prezo accesible para tódalas veciñas, e unha saneada situación económica das Vocalías e en moitas casos das súas respectivas Asociacións, é un dos maiores problema co que as mulleres das Vocalías atópanse dende a súa posta en marcha, ala polo ano 92.

Moitas das persoas que un bo día deciden participar no movemento veciñal e que asumen as tarefas de dirección ou representación dos intereses do seu barrio, teñen que enfrontar os problemas, e en moitos casos as frustracións, derivadas do trato coas administracións publicas e cos responsables políticos correspondentes; e as mulleres que traballan nas Vocalías da Muller non son unha excepción nestes casos. Os atrancos para acceder os cursos que desexan, para loitar contra os “monstros burocráticos”, o papelorio e as formalidades administrativas, ou para acadar os fondos necesarios para o seu funcionamento, son a peor cara do traballo veciñal, tal e como explica Loli Casariego, a que fora Vocal da Muller na Federación; “A frustración que supón que despois de todo o traballo administrativo, memorias, etc., que son necesarios para solicita-las subvencións, o diñeiro ou as axudas tarden meses e meses, creando un período baleiro de tempo grande dende o momento no que o solicitas e o momento no que cobras”.

Consuelo Costas, María Rosa Alonso, María Felicidad Fernández, María del Carmen Monroy, Milagros González, Pilar Nesta, Pili Comesaña, Rosa Costa, Pilar Hermida, Rosa Gestoso, Encarna Fernández..... Esta e a aliñación titular da Vocalía da Muller da Asociación de Veciños “Andrés Crespo” de San Paio de Navia. Aínda que xa foron mais, chegaron as dezaseis, estas once mulleres levan case que dende a fundación da Vocalía en Navia traballando na Asociación. Tanto no seu elevado numero, como noutros aspectos, é un dos barrios mais pequenos de Vigo, Navia confirma o feito de que cada unhas das Asociacións de Veciños conforma un mundo diferente, complexo e único, e que xunto a problemas comúns a todos estes “mundos”, as súas correspondentes realidades son as veces moi distintas. No libro sobre o movemento veciñal vigués, titulado Redes Sociais e Conxuntos de Acción, Xan Bouzada e Anxo Lorenzo describen esta complexidade do seguinte xeito: “Un dos aspectos estructurais que caracteriza o movemento veciñal vigués e a súa diversidade de tipoloxías, polas cales a situación sincrónica que se atopa e a dunha falta de homoxeneidade na capacidade de acción, nos obxectivos de traballo e na capacidade de incidencia social entre tódalas entidades radicadas no concello vigués”

A Vocalía da Muller de San Paio de Navia no foi das primeiras en xurdir, anda agora polos dez anos de vida recen cumpridos. En certa medida animadas pola directiva ó mando naquel momento, Consuelo Costas, “Chelo”, que aparece como representante da Vocalía, aínda que no caso de Navia isto sexa case que anecdótico, xunto con outra compañeira, Carmita, comezaron a andaina da Vocalía da Muller San Paio de Navia.

As mulleres da Vocalía de Navia coñécense fai tempo así que todas traballan por igual nas actividades que organizan, repartindo as tarefas en función das posibilidades de tempo de cada unha de elas; altérnanse tamén para acudir as reunións coas demais Vocalías e a Vocalía da Federación na sede desta, normalmente un día ó mes. Nembargantes, e malia todas estas aparente facilidade, recoñecen as dificultades do seu traballo. Algunhas destas dificultades repítense en outros moitos barrios. A burocracia, loitar contra o devandito monstro administrativo, ou simplemente acadar a atención dos representantes políticos mais aló dos períodos electorais para que ó menos escoiten as necesidades dos veciños, e a peor parte para as mulleres de Navia. O tempo que transcorre dende o intre en que elas solicitan unha subvención ata que reciben o diñeiro constitúe moitas veces un atranco dificilmente salvable. Moi a miúdo o importe da subvención e tan pequeno que se lles fai imposible poñer en marcha ningún tipo de curso ou actividade, e en moitas outras tampouco e fácil obter os cursos que lles interesan realmente as mulleres do barrio.

En Navia, cumpri-lo primeiro obxectivo co que as vocalías de muller naceran, “sacar as mulleres de casa”, no foi doado, e dende a Vocalía afirman que a pesar de tódolos cambios sociais producidos, aínda non o é. Nalgúns casos teñen problemas para encher os cursos que organizan. E noutros, a súa intención sería artellar novas actividades, innovar, abrir novos camiños nas funcións da Vocalía, pero saben que corren o risco de non contar con a aceptación suficiente da veciñanza ou co apoio político e administrativo necesario. “En San Paio seguimos a ser un pobo, e estamo acostumadas a traballar, entón necesitamos cando saímos da casa para facer algunha actividade, facer algo, elaborar algo”.

Por iso estas once mulleres non dubidan o afirmar que obxectivo foi soamente cumprido en parte e que aínda queda moito por facer no futuro, e que para iso fai falla tempo, vontade e diñeiro.

“Fai falla diñeiro”, din tamén Dolores Casariego, “pero tamén facía falla diñeiro ó principio y saímos adiante”, engade de seguida.

O diñeiro é sempre un problema, especialmente cando non o tes. E se algo queda claro a pouco que busquemos na historia das Vocalías da Muller é, que o diñeiro, como en moitas outras actuacións postas en marcha a prol da muller, non abundaba, e por suposto segue sen abundar.

Anteriormente fixemos mención as catrocentas mil pesetas que a Concellería da Muller do Concello de Vigo tiña dispoñibles para subvencionar a creación das Vocalías nos primeiros meses do ano 92. Os xornais recollen as queixas da concelleira Ana Gandón polo reparto de fondos nos orzamentos municipais e as partidas adxudicadas o departamento de muller, mais concretamente a posibilidade frustrada de habilitar un inmoble para servicios adicionais da Concellería de Muller nese mesmo ano 92 por recortes monetarios.

Na aparición das Vocalías da Muller nos anos 92 e 93 atopamos dúas situacións diferentes no seo das Asociacións Veciñais no que respecta os fondos económicos. Por unha banda están as Vocalías que dende o principio mantiveron a súa independencia económica, e polo tanto os seu fondos non tiñan contacto cos do resto da Asociación, como era, e segue a ser, o caso de San Andrés de Comesaña ou o de San Paio de Navia. E por outra banda, aquelas outras nas que non existían distincións, e Vocalía da Muller e Asociación compartiron orzamentos dende o primeiro día.

Hoxe, din Maruchi, vocal de Comesaña “as mulleres son rendibles” e a súa Vocalía, como é caso de moitas outras, é, ademais do verdadeiro motor da vida veciñal nos seus barrios, a entidade máis saneada da Asociación, o que no seu caso, lles permite ofertar cursos, moitos deles orientados ó mundo laboral, a seis euros mensuais para tódalas mulleres de San Andrés de Comesaña que o desexen. Ou noutros barrios fai posible organizar unha tertulia semanal como a da Vocalía da Muller da Asociación “A Nosa Terra” de Alcabre, ou saídas e excursións como en Navia, ou participar nos Entroidos en nos Maios, como en Teis, ou unha gran “chocolatada” cada oito de Marzo para celebra-lo día da muller traballadora no Freixo ou un grupo de cantareiras como no Casco Vello.....

Pero non sempre foi así. No caso de Comesaña, nos seus comezos, a Vocalía carece de medios e de recursos económicos, e a asemblea da Asociación de veciños vota en contra de dotala economicamente, de tal xeito que as mulleres de Comesaña non teñen outra saída que partindo dende cero, buscar fondos por medio de subvencións das administracións publicas ou contando coa boa fe de persoas ou institucións que colaboran de unha maneira altruísta nas súas actividades. A busca de fondos, de colaboracións, ou de recursos destinados o mantemento das actividades da Vocalía e algo común a tódalas Asociacións. Recursos moitas veces saídos do propio patrimonio das mulleres da Vocalía en forma de facturas de telefono, transporte publico, desprazamentos ou cousas tan aparentemente triviais como unha lámpada para o sala de reunións da Vocalía, pero que por triviais non deixan de ser menos necesarias e se cadra imprescindibles para o bo funcionamento da vida veciñal

Xa falamos de que algunhas directivas formadas por homes decidiron no seu momento fomenta-la creación da Vocalía da Muller nas súas respectivas Asociacións para acceder así ós fondos que o Concello dedicaba as políticas de muller. En mais dun caso, eses fondos procedentes do Concello eran finalmente manexados polas directivas das Asociacións deixando ó marxe as propias Vocalías; Iraida Montejo lembra os problemas aparecidos en mais dunha ocasión nas que o diñeiro era destinado pola Asociación correspondente para outros fines distintos a aqueles para os que foran librados dende o Concello.

Comesaña exemplifica moi ben a traxectoria das Vocalías da Muller das Asociacións Veciñais de Vigo, dende o seu nacemento cheo de atrancos ata a súa situación actual de verdadeira forza motora do movemento veciñal. Hoxe, a saneada situación da Vocalía da Muller de Comesaña fai que dende a Asociación avoguen agora pola unificación de orzamentos. Maruchi ten claro, na súa condición de representante da Vocalía, pero tamén como vicepresidenta da propia Asociación Veciñal que é, que a unificación orzamentaria non é algo do que deban fuxir e que os fondos dos que dispón a Vocalía están ó servicio da veciñanza si os precisan, pero a única condición que a Vocalía establece para todo isto é que as partidas destinadas dende o Concello para muller vaian a parar indefectiblemente as actividades artilladas a prol da muller. En resumo, o que pensan en Comesaña non e mais que un exemplo do pensamento de tódalas mulleres das Vocalías; que todo aquelo que elas gañaron na defensa dos seus dereitos nestes doce anos, infraestructura, recoñecemento, recursos económicos dispoñibles, e todo iso partindo de situacións en moitos casos penosas e sen unha colaboración decidida, cando no de oposición aberta, dos seus compañeiros das Asociacións, non se perda agora, antes de que o labor das Vocalías da Muller remate o día que xa no sexan necesarias.