MULLER E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

MULLER E MEDIOS DE COMUNICACI?N A NECESIDADE DUN ESTUDO DA REALIDADE GALEGA

Susana Martínez Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

4.1.1 O Estudio General de Medios (EGM)

O EGM trátase dun estudo efectuado pola AIMC (Asociación para la Investigación dos Medios de Comunicación) co que se pretende representar o comportamento da poboación en relación ó seu consumo de medios de comunicación. O EGM foi lanzado en 1968 e emprega o método do Recent Reading.

O EGM xunto co “Marco General de los Medios en España” é unha das publicacións de AIMC máis demandadas que está a medrar en interese, tanto entre os seus asociados (encargados de financiala), como entre os profesionais do periodismo e a información (principalmente económica e publicitaria), así como nos centros de estudo e investigación sobre os medios de comunicación.

Neste estudo amósase unha visión xeral das audiencias dos diferentes medios de comunicación españois, ademais complétase con outra información como: cifras referidas á poboación obxecto de estudo do EGM, información sobre o equipamento dos fogares e datos sobre os consumos dos individuos.

Tres son as características básicas que definen ao EGM:

- É un estudo de carácter poboacional. Neste senso o seu obxectivo é conseguir unha representación adecuada da poboación a través dunha mostra.

- Falamos dun estudo multimedia, isto é, analiza para cada individuo o seu comportamento respecto ós distintos medios.

- É de periodicidade anual: o deseño de mostra é anual, aínda que este se divide posteriormente en tres partes iguais denominadas ondas.

O universo do EGM está constituído por todos aqueles individuos de 14 ou máis anos residentes en fogares unifamiliares da España peninsular, Canarias e Baleares.

A mostraxe anual que se tomou na segunda onda 2006 foi de 44.146 individuos, dividida en tres mostras de igual tamaño e deseño. Á súa vez, a mostraxe subdivídese en sete submostras iguais, unha para cada día da semana (cadro 4.1).

O tamaño do EGM faino ser un dos estudos de audiencia de maior tamaño entre os que se realizan a nivel mundial. Utiliza un procedemento de mostraxe aleatorio polietápico e estratificado, definíndose os estratos polo cruce provincia-hábitat .

O tamaño da mostraxe e o método cuasiprobabilístico na selección das unidades últimas da mostraxe danlle ó EGM un importante valor referencial para outras investigacións, non só de audiencia senón tamén de mercado e opinión en xeral.

A continuación analizaremos como é mostra do EGM para Galicia. Na táboa 4.1 aparece a distribución por provincias no 2006 das 2.929 entrevistas realizadas polo EGM. O universo de referencia na nosa comunidade son 926.874 fogares e 2.415.414 individuos (táboa 4.1) que representan aproximadamente o 7% da poboación española obxecto do estudo.

En canto á recollida da información, esta realízase mediante unha entrevista persoal cara a cara no fogar do entrevistado mediante unha técnica denominada CAPI (Computer Assisted Personal Intervewing), e levada a cabo por un equipo de entrevistadores especialmente adestrados para a realización do EGM ; mediante un cuestionario estruturado e pechado case na súa totalidade.

No tocante ó contido do cuestionario, este divídese en cinco seccións , pero a información relacionado co estudo das audiencias aparece recollido dentro do epígrafe dos medios de comunicación. A información que se recolle responde ó seguinte esquema:

- A audiencia do último período, correspóndese coa do último período de aparición do soporte, é dicir:

o “Onte” para Diarios, Radio e Televisión.

o “A última semana” para Suplementos, Revistas Semanais e Cine.

o “Os últimos quince días” para as Revistas Quincenais.

o “O último mes” para as revistas mensuais e Internet.

- Os hábitos da audiencia recollen a frecuencia habitual con cada soporte, con distintos períodos “filtro” segundo os medios.

- A cualificación da audiencia ven dada por informacións complementarias tales como a cantidade lida, o lugar ou o modo de lectura, o tempo dedicado á lectura en medios impresos; o lugar de escoita, no caso da Radio, ou o nivel de sintonización de cadeas ou lugar no que se visualiza, no caso da Televisión.

Neste estudo a fonte de datos é o EGM acumulado de novembro de 2005 a maio de 2006 (individuos) e as súasextensións EGM-Prensa e EGM- Radio XXI.