A normativa básica que regula a seguridade e hixiene nos locais públicos ven dada por: |
 |
A Lei 31/95, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. Esta Lei ten un desenvolvemento regulamentario con aplicación aos puntos de venda que se contempla nos seguintes Reais Decretos: |
|
|
485/1997 de Sinalización de Seguridade e Saúde no Traballo |
|
|
486/1997 sobre Lugares de Traballo |
|
|
487/1997 sobre Manipulación Manual de cargas |
|
|
1215/1997 sobre Utilización de Equipos de Traballo |
|
|
773/1997 sobre Utilización de Equipos de Protección Individual. |
 |
A ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, abolida en parte pola Lei anterior. |
 |
As ordenanzas laborais regulan as condicións de traballo por sectores de actividade |
 |
Os regulamentos municipais aplicables por sectores de actividade |
Condicións mínimas de seguridade que debe reunir unha sala de vendas: |
 |
O LOCAL: Terá como mínimo, 3 metros de altura, 2 metros cadrados e 10 metros cúbicos por cada empregad@. A superficie dos puntos de venda de alimentación non pode ser menor de 24 metros cadrados, en tendas especializadas, nin de 48 metros cadrados nas polivalentes. |
 |
A ESTRUCTURA DO EDIFICIO: Será firme e segura para evitar riscos de derrubamento. |
 |
PORTAS E SAÍDAS: Debe haber un número suficiente de portas e cunha anchura adecuada que permita evacuar as persoas do local con rapidez. |
 |
O CHAN: Debe constituír un todo homoxéneo chan e liso, de material consistente e non escorregadizo |
 |
CORREDORES: Deberán ter unha anchura adecuada ó tráfico de persoas que circulen por eles e as necesidades propias da actividade laboral desenvolvida. |
 |
AS ESCALEIRAS: A súa anchura será dun metro ou superior, deberán ter unha v aranda en cada lado aberto e pasamáns nos pechados. Nas zonas accesibles á clientela, os desniveis salvaranse con chambras ou chanzos. |