Orde e limpeza |
 |
Os corredores deberán manterse despexados en todo momento e debidamente sinalizados para facilitar os movementos das persoas e materiais e prever caídas por tropezos. |
 |
 |
Os amoreamentos dos materiais deben ser esmerados, estables e seguros. |
 |
O lixo , cartóns e desperdicios deberán ser depositados nos recipientes destinados a tal fin. |
 |
As salpicaduras de aceite no chan deberán limparse rapidamente ou cubrilas cun composto absorbente. Isto axudará a prever caídas e a evitar escorregar. Cando se traballe en procesos húmidos é necesario comprobar se os desaugadoiros están abertos e si se utilizan plataformas, grellas ou outros chans, si están en bo estado. |
 |
Os desperdicios con aceites, deberán colocarse en depósitos metálicos tapados e ser baldeirados diariamente, evitándose así o risco de que se produza un incendio. |
Alcohol e drogas |
 |
O alcohol e as drogas reducen de xeito importante a capacidade para realizar o traballo e poden causar danos á saúde. Tamén xeran unhas condicións perigosas para @ traballador/a e os seus compañeiros e compañeiras de traballo. |
Utilizacón de EPIS (equipo de protección individual) (luva de malla, faixa lumbar...): Uso obrigatorio |
 |
Cada posto de traballo require uns equipos específicos de protección. A dotación de EPIS farase pol@ responsable do centro de traballo. |
 |
Cando un EPI se amole ou deteriore e perda a súa función de protección deberase comunicar ao superior ou superiora para a súa inmediata substitución. |
Normas de seguridade ante os riscos eléctricos |
 |
Non se poden manipular as instalacións eléctricas se non se está preparad@ e autorizad@ pare iso. |
|
 |
Os equipos eléctricos hai que revisalos antes de utilizalos e informar de calquera anomalía |
|
 |
As sinalizacións deben ser respectadas . |
|
 |
Todo cable de alimentación eléctrica conectado a unha toma de corrente estará dotada dunha caravilla. |
|