Tendo en conta a existencia de zonas naturais frías e quentes, @ merchandiser tratará de que a clientela visite todas as zonas. Para eso deberá animar os puntos fríos que podan existir nelas. |
|
|
 |
¿COMO ANIMAR OS PUNTOS FRÍOS?: |
|
Os puntos fríos supoñen un custo para o negocio xa que teñen un baixo nivel de vendas, polo tanto, @s comerciant@s deberán animalos. Para animar os puntos fríos existen unha serie de métodos físicos e psicolóxicos que "obrigan" á clientela a pasar por diversas seccións antes de chegar ó lugar onde se ubica o produto desexado. Algúns métodos son: |
 |
Métodos físicos: |
|
Situar áreas base (alimentación, confección, ofertas, oportunidades, etc.) de forma que sexa necesario percorrer gran parte do establecemento para chegar ata elas. Isto implica que a clientela pasará por zonas que, doutra forma non formarían parte da súa ruta. |
|
Colocar indicadores visuais que sinale á clientela onde se atopan as áreas de promocións ás que chegará por outros puntos debidamente acondicionados. |
|
Colocar produtos de atracción para a clientela. |
 |
Métodos psicolóxicos: |
|
Mostrar o funcionamento dos artigos e explicar o seu manexo. |
|
Realizar degustacións de produtos por medio de azafat@s |
|
Crear centros de atención con música, indicando promocións, artigos e oportunidades... |
|
Posuír produtos "gancho" anunciados en TV e outros medios de comunicación. |
|
|