 |
CARGA |
Hai que ter en conta o peso dos produtos. Si se colocan na parte superior do moble e estes son demasiado pesados poden perder o punto de equilibro e caerse. |
 |
ESTÉTICA |
O moble forma parte da imaxe do punto de venda, do seu ambiente. Importante que conteña sistemas para identificar as existencias e as seccións ás que pertencen os artigos, así como o seu prezo. |
 |
CONTENCIÓN |
O moble debe ter en conta a reposición dos artigos, sobre todo si o establecemento comercial utiliza sistema de libre servizo. |
 |
ELIMINACIÓN SINISTROS |
Cando se elixe o mobiliario hai que ter en conta a seguridade en factores como arestas, descargas eléctricas, etc. para evitar lesións. Débese valorar a todo o público (nenos e nenas, persoas maiores, etc.) que poden acompañar ao comprador ou compradora. |
 |
DINAMIZACIÓN |
Unha das cuestións importantes cando se elixe o mobiliario é ter en conta a súa mobilidade, para que permita modificar a súa colocación na sala de vendas, a súa forma dentro das distintas seccións e a súa altura. |
 |
ACCESIBIILIDADE |
O acceso aos produtos por parte da clientela debe ser un factor importante cando se elixe o mobiliario. Este debe resultar fácil. |