|
|
VANTAXES |
INCONVENIENTES |
@ comerciant@ coñece a súa clientela e mantén unha relación persoal con ela. Á clientela gústalle, en xeral, ser recoñecido e busca a alguén que sexa competente, amable e que teña bo humor. |
 Os gastos de explotación soen ser altos, pola forma de venda. A rendabilidade vese afectada por unhas rotacions escasas e un custo elevado de almacén, normalmente sobredimensionado. |
O horario de apertura soe ser flexible, pode ter reparto a domicilio, criterios de cobro diferentes con concesión de crédito temporal na compra, porque coñece persoalmente as necesidades da súa clientela. |
 A propiedade da tenda tradicional habitualmente é familiar e a súa explotación tamén. Os baixos coñecementos d@s empresari@s deste tipo de establecemento, impiden a aplicación de criterios empresariais na planificación, xestión e control da explotación do establecemento que as veces soe levar a unha situación insostible cando tratan de renovar o establecemento ou aplicar unha política de prezos distinta obrigados pola competencia. |
 |
 A tendencia xeral é aumentar o número de actos de compra, pero dun importe cada vez máis reducido, o que repercute de xeito directo neste tipo de negocios, onde a rendibilidade a acadar é moi difícil. |
 |
|
|
|
|
|