|
O comercio realizábase tradicionalmente en Galiza a través das feiras e mercados. Co paso do tempo algunhas destas formas foron desaparecendo ou perdendo importancia mentres que outras se revitalizaron, como os mercados ambulantes. Na actualidade a existencia de mercadiños e feiras non preocupan ao pequeno comercio (salvo o control da concesión de licenzas), senón que as veces suplen a carencia de equipamentos en determinadas zonas da comunidade.
|
O comercio polo miúdo aporta o 10% do V.A.B. de Galicia, da emprego a máis de 130.000 persoas e supón cerca do 40% das empresas que forman o tecido produtivo de Galiza. |
O sector da distribución comercial experimentou en Galiza unha espectacular transformación nos últimos anos, debido aos cambios acontecidos no comportamento d@ consumidor/a e nos seus hábitos de compra. @ consumidor/a do século XXI está máis informad@ e formad@, preocupad@ polo medio ambiente, considera a calidade, o servizo e outras variables ademais do prezo nas súas decisións de compra, dispón de menos tempo e modificou as súas costumes en canto ó tipo de establecemento onde ir mercar. |
Nos últimos anos estancouse a expansión dos hipermercados, perdendo incluso posicións con respecto a outros formatos, entre outras motivos debido a saturación dos mercados locais e o prezo do solo. Como reacción, creáronse novos establecementos chamados hipermercados de segunda xeneración, de menor tamaño que os anteriores.
|
Na última década irrumpiron con forza os centros comerciais, que serviron de plataforma para a expansión das franquicias e cadeas sucursalistas, alternativas de expansión do comercio tradicional existente na zona onde se implantan. |
Os almacéns populares desapareceron das ciudades galegas, sendo cubertos polos hjpermercados e tamén polas cadeas de tipo "todo a un €". |
Entre 1996 e 2001 as actividades comerciais medraron nun 14% en Galiza. Por outra banda, hai que ter en conta o aumento da competencia experimentado no sector da distribución ante a aparición de novas fórmulas comerciais e a entrada de competidor@s estranxeir@s, o que indica un endurecemento da competencia no futuro do mercado de distribución do comercio polo miúdo.
O cadro mostra a evolución do equipamento comercial en Galiza entre dúas datas lonxanas, onde se pode observar como a dotación do comercio polo miúdo, en número de establecementos, medrou nos últimos 14 anos un 22,8%.
|
 |
( "Los hábitos de compra en Galicia" J. Jose Ares e Aureliano García) |