Os medios que se poden utilizar na montaxe dun escaparate (atrezos, material de decoración, ambientación, fondos, luces, etc) foron vistos na unidade didáctica anterior, polo que, neste apartado que corresponde a súa execución, a persoa responsable de crear o escaparate, deberá elixir cales son os recursos que vai empregar como soporte dos produtos e os que vai utilizar para decorar e ambientar o escaparate, tendo sempre presente que o artista principal deste pequeno escenario é o produto. Unha vez feito isto, o seguinte paso será realizar o bosquexo ou apunte do escaparate..
|
 |
O bosquexo, debuxo, maqueta a escala ou composición, permite ter unha dimensión da realidade o máis aproximada posible. Aquí é onde se aplica, os coñecementos da composición, da cromática, etc. adquiridos en unidades anteriores, para conseguir comunicar e dar corpo á idea de escaparate que se quere concibir.
|
 |
 |
Antes de realizar o bosquexo, será de gran utilidade coñecer as medidas do escaparate, ancho alto e profundidade, que permitirán realizar un pequeno plano de distribución dos elementos a escala.
|
 |
Neste bosquexo, debuxo, maqueta ou composición, concrétanse os volumes, as cores e a iluminación.
|
 |
Si o bosquexo faixe utilizando medios manuais, ou utilizando medios informáticos, hai que tratar de debuxalos a escala. |
|
 |
Tratándose dunha maqueta a escala ou dunha composición, hai que procurar de que uns produtos non tapen a outros. |
 |
 |
En calquera dos casos, é necesario a realización de varios bosquexos, debuxo, maquetas ou composicións, con desenvolvemento horizontal, vertical ou escalonado. Todos eles contarán con distintos niveis de profundidade. |
 |
Na súa elaboración hai que ter en conta as zonas máis visibles do escaparate, priorizando a colocación dos artigos en función da promoción que se lles queira dar. |
 |
Salvo excepcións motivadas pola necesidade de protagonismo por parte dalgún produto, os elementos máis grandes deberán situarse detrás e os pequenos diante, facilitando así a ordenación e transmitindo sensación dun surtido máis amplo. |
 |
No bosquexo indicaranse cales son os puntos de luz a nivel de chan, teito ou laterais e estimar a incidencia da luz sobre os produtos expostos. |
|