 |
CONCEPTO: Entenderase por vendas en rebaixas aquelas realizadas pol@s comerciant@s a prezos inferiores ós habituais, acompañadas de publicidade, na que se terá que expresar claramente o período de vixencia das mesmas |
 |
 |
SINALIZACIÓN: Os letreiros e etiquetas deben exhibir de forma ben visible o prezo anterior e o novo prezo ou, en substitución deste último a porcentaxe de redución.
|
 |
INDICACIÓNS LEGAIS: Queda prohibida a venda en rebaixas daqueles produtos deteriorados ou adquiridos expresamente a tal fin. Non poderán ser obxecto de rebaixas aqueles produtos que non foran expostos á venda con anterioridade.
|
|
|
Temporada de rebaixas: Só poderán ter lugar en dúas temporadas anuais. Unha ó inicio do ano e outra cerca do período estival de vacacións. |
|
|
|
Duración de cada período: Será como mínimo de unha semana e como máximo de dous meses, de acordo coa decisión de cada comerciant@, axustándose as datas indicadas pola que a Comunidade Autónoma Galega, publica todos os anos. |
|
|
Vantaxes e inconvenientes: Este instrumento pode empregarse en calquera tipo de establecemento, sexa un pequeno comercio ou unha gran superficie e é un medio eficaz para atraer á clientela e incrementar as vendas, ademais de desfacerse dun stock importante de mercadorías. Ten como inconveniente que se reduce a marxe de beneficios. |