 |
Recollida de produtos |
Consiste en marcar unha cantidade para un produto anterior ou parcialmente usado, que se desconta do prezo do novo produto, si @ client@ entrega o vello no momento da compra. Por exemplo, entregándoos cartuchos de tinta de impresora gastados, fan desconto nos novos |
É un instrumento que utilizan os fabricantes, fundamentalmente. É eficaz para captar novos consumidores e consumidoras, pero ten o inconveniente de que @ fabricant@ necesita ter a colaboración d@ distribuid@r, que debe facerse cargo dos "produtos usados". |
 |
 |
Oferta de devolución de diñeiro |
A cambio dunha ou varias probas de compra devólvese unha parte ou a totalidade do importe da compra realizada. Existen varias modalidades:
- Devolución dunha parte do importe do produto.
- Devolución do importe total do produto
- Primeira compra gratuíta: é unha oferta de reembolso do importe pagado pola primeira compra efectuada dun artigo. Utilízase para o lanzamento dun novo produto.
- A fórmula "se non está satisfeit@, devolvémoslle o diñeiro": é unha oferta de desconto pola totalidade do valor do produto, xa que @ client@ pode solicitar o reembolso do importe pagado si o artigo non é do seu agrado.
|
Ten as vantaxes de que resulta un bo instrumento para lanzamento de novo produtos e para conseguir nov@s consumidor@s. Consegue a fidelidade da clientela. Non tod@s @s comprador@s solicitan o reembolso.
Ten como inconvenientes que @s distribuidor@s non aceptan con agrado este tipo de promoción porque lles crea problemas cos arqueos de caixa.
|