|
Oferta |
Concepto |
Vantaxes/inconvenientes |
Exemplos |
 |
Vale ou cupón desconto inmediato |
O prezo do produto redúcese na contía fixada nun vale que @ consumidor/a entrega no punto de venda. Existen varias modalidades: Entrega do vale no establecemento, envío de vales por correo, entrega de vales a domicilio e inserción de vales nos periódicos e revistas. |
É un medio utilizado polos fabricantes para introducir no mercado novos produtos. Ten como inconvenientes que necesita a colaboración d@ distribuidor/a, porque est@ ten que adiantar ó diñeiro do desconto, aínda que logo o recupere. É unha promoción moi longa en canto o tempo que transcorre dende que comeza ata que @ distribuidor/a envía os vales. Ten excesivo custo (redución prezo e envío vales). Non é adecuada para produtos que están no mercado. |
 |
 |
Vale desconto diferido |
A diferenza do anterior, este vale vai incorporado ó produto (na etiqueta ou no seu interior), polo que para poder ser utilizado é necesario adquirir previamente o artigo.
|
É un instrumento utilizado polos fabricantes para conseguir nov@s comprador@s e a fidelidade da clientela. Supón un custo reducido no seu lanzamento. Ten como inconvenientes o alto custo que supón a preparación da promoción, pois é necesario cambiar o etiquetado, modificar o código de barras, introducir o vale no interior, etc. O prazo de liquidación da promoción é longo. |
 |
 |
Venda por lotes |
Son conxuntos dun mesmo produto ou de varios diferentes ou complementarios, que se venden a un prezo inferior á suma dos prezos habituais dos artigos que forman o lote. Ten limitacións legais: Queda prohibido ofrecer conxuntamente dous ou máis artigos salvo que sexa habitual, se podan mercar por separado, exista unha relación fundamental ou por razóns estéticas ou para agasallo |
Non supón risco para o fabricante, porque en caso de fracaso, pode romper o lote e vendelo de forma fraccionada. Incrementa as vendas de varios produtos. @ distribuidor/a colabora con gusto xa que é un medio para atraer á clientela e aumentar as vendas. Ten como inconveniente a escasa redución na marxe de beneficios. |
 |