 |
EMPREGAD@ VENDEDOR@S: É un dos factores máis importantes de animación do punto de venda, sobre todo nos casos de tipo de venda mixta ou tradicional. A amabilidade e o sorriso debe estar presente en todo momento así como ser capaz de afrontar calquera situación complicada que se lle poda presentar por parte de calquera consumidor/a. |
 |
|
|
|
 |
PERSONAXES FAMOSOS (reais ou de ficción): É outra das animacións do punto de venda máis frecuentes. As técnicas máis habituais: |
|
 |
Firmas de libros e discos, polos seus propi@s autor@s para fomentar as súas vendas. |
|
 |
Animación mediante a simulación de personaxes como os Reis Magos, Papa Noel, de debuxos animados ou mascotas de eventos importantes... |
|
 |
Presenza de artistas famosos que montan espectáculos musicais, teatrais, de maxia, etc. ou que amosan o traballo de distintos produtos artesáns. |
 |
|
|
|
 |
MONITORES E MONITORAS: Para realizar actividades cos rapaces e rapazas, como pintar cadros, facer deporte, concursos, traballos manuais, etc. que serven para que coñezan os produtos e incrementar a súa venda. |
|
|
|
 |
AZAFATAS e AZAFATOS: Medio habitual nos establecementos comerciais para provocar a compra do produto, utilizando a proba do mesmo (colonias, comestibles, etc.); argumentando a súa venda explicando as súas características ou agasallando con pequenas mostras do mesmo. |