 |
ILLAS ou ILLOTES: Son presentación masivas de produtos. As súas características son: |
 |
|
 |
Colócanse FORA DO LIÑAL que lle corresponde e LONXE da súa SECCIÓN. |
|
 |
Poden colocarse directamente sobre o chan, utilizando mesas decoradas, incluso os envases da propia marca sobre simples caixas ou sobre os palets. |
|
 |
Están apartadas dos demais produtos. |
|
 |
Normalmente, sitúanse en zonas quentes do punto de venda, onde hai moita circulación ou seccións de produtos básicos. |
 |
PILAS: Presentan unha cantidade superior ó normal do produto. O seu obxectivo é atraer á atención da clientela (produce sensación de prezo reducido). As súas características son: |
 |
|
 |
O produto amoréase na MESMA SECCIÓN na que normalmente está radicado.. |
|
 |
Poden colocarse directamente sobre o chan ou sobre palets. |
|
 |
Esta técnica emprégase só con produtos que se podan amorear, caso do leite, auga, bebidas refrescantes, etc. |
 |
CABECEIRAS DE GÓNDOLA: Dada a súa visibilidade dende varios puntos do establecemento, representan o lugar privilexiado para a presentación dun produto e a súa ocupación é o cabalo de batalla de fabricantes e distribuidores. As súas características son: |
 |
|
 |
O produto exponse nas cabeceiras a cambio dun aluguer que paga @ fabricant@ ou no caso dunha promoción (recoméndase que os produtos ofertados sexan de gran demanda, para compensar o custo de espazo e redución de marxes) |
|
 |
Cando se coloca o produto nunha cabeceira de góndola o incremento das vendas, segundos estudios realizados, oscila entre o 200 e o 500%. |
|
 |
Como toda promoción, normalmente a eficacia dura dúas semanas. Na segunda semana a porcentaxe anterior descende ata o 50% e na terceira ata un 25% de incremento das vendas. |
|
 |
Como xa se estudou na implantación do mobiliario, divídese en dúas partes verticalmente. En cada unha delas colócase un produto diferente. |