Observatorio de la Economía y la Sociedad China
Número 4 -  septiembre 2007

Mercado y el Control Político en China - Algunhas Teses Principais

Xulio Ríos

Versión en gallego


Para citar este artículo puede utilizar el siguiente formato:

Xulio Ríos: "10 Tesis sobre el Mercado y el Control Político en China" en Observatorio de la Economía y la Sociedad de China Nº 04, septiembre 2007. Accesible a texto completo en http://www.eumed.net/rev/china/



Portada del libro de Xulio Rios, recientemente publicado por la editorial La Catarata, Madrid, 2007


1. Iniciado en 1978, o proceso de reforma chinés exponse como un exercicio de transformación e modernización do país, aínda que excluíndo alterar a natureza do réxime político, cuxa forza esencial é o Partido Comunista, quen exerce o monopolio do poder. O primeiro parece claro á vista dos índices de crecemento, e o segundo?

2. A partir de 1978, a realidade de China, como consecuencia da aplicación da política de reformas, cambiou moito en numerosos aspectos, conforme a un proxecto non do todo definido e que se vai construíndo e programando por etapas. Non estamos ante un proxecto acabado e a orientación final dese proceso, dependerá, entre outros factores, da correlación de forzas interna.

3. A reforma aumentou o poder de China e a súa influencia no mundo, e tamén orixinou, no interior, profundas mutacións e problemas, emerxendo novos actores sociais e importantes tensións de todo tipo. A reforma ten máis dun lado escuro e descoidado. A falta de sensibilidade do PCCh respecto dos problemas sociais xerados nas últimas décadas, constitúe unha denuncia permanente que contradi o seu proclamado ideario emancipador.

4. O PCCh, sen deixar ao carón a obsesión do crecemento, concentra agora boa parte da súa enerxía no restablecemento dun certo equilibrio perdido na reforma, a propósito que diso pode depender o seu propio futuro político. Trátase de promover, no fundamental, medidas en diversos campos que exclúen cambios políticos substanciais.

5. O atrevemento mostrado polo PCCh á hora de innovar nas esferas económicas ou sociais, xeneralizando a presenza do mercado ou as diversas formas de propiedade, non ten por que darse á hora de promover un cambio de réxime e, de producirse, non ten por que ser a consecuencia, polo menos natural, deste proceso.

6. O PCCh ambiciona manter o rumbo político da reforma, instrumentando e innovando mecanismos de control en todas as ordes, xa sexa no económico (mantendo a súa influencia directa nos sectores estratéxicos), político (rexeitando o pluralismo e promovendo limitadas reformas que lle afiancen), social (multiplicando a súa presenza directa ou indirecta, a través das organizacións de masas), ideolóxica (exercendo un control absoluto dos medios de comunicación e dando reiteradas mostras de non claudicación neste aspecto) e na orde da seguridade (subordinación directa do aparello militar e policial). Os novos actores e poderes que xurdiron como consecuencia da reforma deben asumir o liderado do PCCh e este aspira a integralos nas súas propias filas.

7. A pesar das forzas liberadas, o PCCh aínda mantén o control global do proceso chinés, que entende como un exercicio de soberanía que debe aumentar as súas posibilidades de proxección. Esa soberanía é unha das claves esenciais que alertan da singularidade da reforma, favorecida polo pouso dunha milenaria cultura que goza de crecente presenza na linguaxe política e afianza unha vocación de subsistencia a longo prazo que non se debe desdeñar.

8. Fronte á hipótese dunha evolución á taiwanesa (culminando cun sistema político internacionalmente homologable no esencial), ou a plasmación fáctica dunha lenta socialdemocratización á chinesa (xustificada polo xiro social da reforma), a posibilidade dunha longa transición de resultado incerto viría xustificada por esa procura permanente dun sistema adaptado ás particularidades do país, o que viría derivar nunha especie de novo mandarinato pilotado polo PCCh e baseado no exercicio dun goberno virtuoso e ao servizo da cidadanía.

9. Ao PCCh espéralle unha década decisiva na que o rumbo do actual proceso podería decidirse en función das esixencias internacionais nun marco de interdependencia cada vez máis acusado, e en función das tensións internas que, coa aparición de novas forzas con proxección política interior, podería alentar debates antagónicos e fragmentar o consenso que hoxe caracteriza a formación e xestión do seu discurso. A clave nacionalista pode servir de perigoso aglutinante de reserva. O PCCh se arroga a capacidade última de preservar a soberanía chinesa.

10. En política exterior, cabe esperar de China, adepta ao multilateralismo, un comportamento globalmente beneficioso, aínda que as tensións, especialmente con EEUU (sobre todo polo futuro de Taiwan), tenderán a aumentar. China é o gran rival estratéxico de Wáshington.

 


Nota Importante a Leer:

Los comentarios al artículo son responsabilidad exclusiva del remitente.

Si necesita algún tipo de información referente al artículo póngase en contacto con el email suministrado por el autor del artículo al principio del mismo.

Un comentario no es más que un simple medio para comunicar su opinión a futuros lectores.

El autor del artículo no está obligado a responder o leer comentarios referentes al artículo.

Al escribir un comentario, debe tener en cuenta que recibirá notificaciones cada vez que alguien escriba un nuevo comentario en este artículo.

Eumed.net se reserva el derecho de eliminar aquellos comentarios que tengan lenguaje inadecuado o agresivo.

Si usted considera que algún comentario de esta página es inadecuado o agresivo, por favor, pulse aquí.

Comentarios sobre este artículo:

No hay ningún comentario para este artículo.

Si lo desea, puede completar este formulario y dejarnos su opinion sobre el artículo. No olvide introducir un email valido para activar su comentario.
(*) Ingresar el texto mostrado en la imagen



(*) Datos obligatorios


El Observatorio de la Economía y la Sociedad China es una revista académica iberoamericana, editada y mantenida por el Grupo eumednet de la Universidad de Málaga. Tiene el Número Internacional Normalizado de Publicaciones Seriadas ISSN: 1887-3197 y está indexada internacionalmente en RepEc.

Para publicar un artículo en esta revista vea "Acerca de...".

Para cualquier comunicación, envíe un mensaje a observatoriodechina@gmail.com


 

Comité Director:
María Isabel Negre (CV)
Yawen Teh (CV)
María Victoria Natalizio (CV)

Editor Ejecutivo:
Juan Carlos M. Coll (CV)
ISSN: 1887-3197
EUMEDNET

Universidad de Málaga > Eumed.net > Revistas > OES-China
>