XORNADAS DE MULLERES DO MOVEMENTO VECIÑAL
“No intento de romper o illamento das mulleres na casa, actividades como esta
serven para nos encontrar, para ter presencia na cidade e para ganar o dereito
da participar na toma de decisións”. (Maite Fernández, Concelleira da Muller do
Concello de Vigo. Inauguración das cuartas xornadas das Mulleres Veciñais)
As Xornadas de Mulleres do movemento veciñal son xa hoxe unha cita clásica na
vida de Vigo. Dende o ano 93 no que tiveron lugar as primeiras ata a
actualidade, aproximadamente cada mes de Outubro e no Centro Cultural Caixa
Vigo, as xornadas nos deixaron de crecer, de contar cada ano con una maior
numero de asistentes e de participantes e de incluír nos seus programas moitas
das cuestións que afectan á vida das mulleres contemporáneas. Todo isto sirve
para que estas Xornadas, sexan sen dubida unha das actividades da Vocalía da
Federación que mais valor engadido produce no movemento asociativo feminino de
Vigo produce. O papel na vida política e social das mulleres, a autoestima, a
sexualidade, a violencia, ou o amor, e sempre có obxectivo da desmitificación
dalgunhas das crenzas das mulleres, en moitos casos premidas polos prexuízos
sociais e morais, son algúns dos temas que ó longo destas xornadas e dos
obradoiros desenvolvidos nelas. téñense tratado.
Da importancia da asistencia do maior numero de mulleres posible a estas
xornadas fala Rosa Vila, cando fai mención a dificultade que supón convencer a
moitas mulleres dos barrios e parroquias de que renuncien, tan so por uns días
os cursos de manualidades ou doutro tipo das súas respectivas Asociacións
Veciñais para acudir a cita anual no auditorio de Caixa Vigo, e de como esta
inicial “resistencia” volvese sorpresa e satisfacción ó poder asistir a
xuntanzas e obradoiros onde a actividade das mulleres das Asociación vai un paso
mais aló do que é a actividade de ocio e formación das Vocalías da Muller das
respectivas Asociacións Veciñais. Por iso, o feito de que un gran numero de
mulleres asistan a Xornadas, e cada ano mais, e unha sinal do cambio producido
dende ó inicio das actividades da Vocalía da Federación “Eduardo Chao”.