FIN
“Temos que deixar de sentirnos víctimas, de laiarnos de que o somos, para poñer
os pes no chan e seguir avanzando. Non temer confundirnos, non temer a
desaprobación allea. Debemos decidir se o que queiramos ser, individual e
colectivamente. En definitiva, querer gobernar nos as nosas vidas”. (Manifesto
“Gobernemos nos as nosas vidas” editado por asociacións e colectivos de mulleres
de Vigo co gallo do día 8 de Marzo, día da muller traballadora)
Gobernemos nos as nosas vidas. Buddy Holly na canción “That would be the day”
decia nos anos sesenta que “o día que me digas adeus será o día que eu morra” O
día que desaparezan para sempre todos os atrancos que impidan que as mulleres
gobernen as súas propias vidas, cando eso suceda, será o día no que morran, no
que desaparezan tamén as Vocalías de Muller das Asociacións Veciñais, e con
elas, as demais Vocalías de Muller doutro colectivos, sindicatos, partidos
políticos, e tamén os Consellos de Muller, as Casas da Muller, a propia
Concellería de Muller, as políticas de Muller..... “A vocalía da muller, e igual
co día internacional da muller, esperamos que algún día desapareza”. Recorremos
unha vez mais as palabras de Rosa Fontaiña para resumir a situación, as Vocalías
da Muller deben desaparecer, disolverse no seo das Asociacións Veciñais, e que
as súas responsabilidades e competencias pasen a ser exercidas dende a Vocalía
de cultura, ou de xuventude, ou de saúde, ou de urbanismo, e no haxa mais saúde
de muller ou cultura de muller ou ocio de muller. O que é o mesmo, integración
plena. Iraida formulaba esta idea xa fai tempo: “A idea da propia vocalía era
que chegaría un día no que non seria necesario a existencia das vocalías de
muller por lograrse a plena igualdade que era o obxectivo final e realmente
importante”.
Este e pois o obxectivo final, a desaparición das Vocalías da Muller das
Asociacións Veciñais, a plena igualdade das mulleres e os homes na sociedade.
Cando eso suceda, os nomes das mulleres que participaron nesta aventura, as que
aparecen nestas paxinas e as que non o fan, as que estiveron nos cursos, nas
viaxes, nas xornadas, detrás das pancartas, nas exposicións, os nomes de todas
elas confundiranse para sempre co resto da historia do movemento veciñal vigués
e só na súa memoria, na memoria de todas estas mulleres ,quedará a lembranza de
que houbo tempos nos que as súas vidas non eran doadas e que foi necesario que
dun xeito xeneroso e anónimo, traballaran sen descanso e sen esperar ningún
recoñecemento a cambio para gañar os dereitos que lles pertencían, para gaña-la
vida que desexaban ter.