O tamaño da rede Internet é inmenso e ninguén sabe exactamente cal é. Internet está formada por millóns de páxinas (cando nos referimos as páxinas estamos a referirnos aos dominios (nomes) ou números IP das páxinas que están rexistrados). Polo tanto, temos ante nos todo un universo para buscar información.

¿Como buscar esa información?

Dependendo da información que queiramos buscar utilizaremos os BUSCADORES ou os DIRECTORIOS.
¿Que é un DIRECTORIO?
É unha ferramenta moi útil para conseguir a información sobre un tema xeral (buscar páxinas sobre economía, pero non para conseguir información máis especializada, por exemplo, sobre un escaparate). Un directorio serve para navegar entre o catálogo de temas e subtemas, e non se usa tanto para facer buscas directas, coa opción de buscar. Un directorio moi importante e veterano é o Yahoo (http://www.yahoo.es).
¿Que é un BUSCADOR?
Si o que queremos é buscar por palabras, para obter unha resposta máis extensa e especializada, teremos que utilizar un buscador. O buscador máis importante que hai ata este momento é o Google (http://www.google.es). Este buscador é o mellor pola súa velocidade, pode tardar 0,15 segundos en darmos milleiros de páxinas ou imaxes sobre a palabra que estamos buscando.
¿Como buscar nun BUSCADOR?
Podemos buscar por palabras ou por frases (estas últimas entrecomiñas). Si utilizamos frases entrecomiñas, daranos resultados de páxinas que inclúan a frase tal e como está escrita entre as comiñas. Si escribimos unha frase, como por exemplo punto de venda, sen entrecomillar, o buscador dará resultados de páxinas que leven a palabra punto, a palabra venda ou a frase expresión punto de venda . Podemos utilizar os operadores Booleanos. Os máis comúns son: and, +, Y, or, o, no, y no. Si utilizamos palabras, podemos buscar por todo tipo de sinónimos ou palabras relacionadas con o que queremos buscar, ata atopar a información que nos interese.
¿Que pasa cando aparecen as páxinas que da o buscador?
Como respostas ó que buscamos, o Buscador dános un listado de páxinas que teñen relación co tema solicitado. Antes de abrir as páxinas hai que lerse o pequeno resumo para orientarnos e non perder demasiado o tempo. O final de cada páxina, hai unha fileira de números, que nos indica o número de páxinas que localizou o buscador por páxina. Cando rematamos de inspeccionar o listado da primeira páxina, podemos facer clic co cursor no número "2" para ver o seguinte listado de páxinas...
Volver
Para rematar, o buscador Google permite buscar imaxes, como podes ver no menú superior.
S