MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

II- A VOCALÍA DA FEDERACIÓN

“Nos traballamos para que a muller sexa mais independente, teña mais liberdade, poda acceder a un posto de traballo, conte cunha mellor formación. O noso obxectivo fundamental e acadar unha mellor calidade de vida para as mulleres en tódolos ámbitos” (Rosa Fontaiña, representante da Vocalía da Muller da Federación Eduardo Chao)

Iraida Montejo, Rosa Fontaiña, Dolores Casariego, Patricia Torrado e Mercedes Penabella. Os cinco nomes das cinco mulleres da Salgueira, Lavadores, Coia, Doutor Fleming e Casco Vello respectivamente, que durante os últimos doce anos ocuparon o posto de representante da Vocalía da Muller da Federación Veciñal Eduardo Chao de Vigo. Elas son as responsables de que durante esta, xa case década e media, as mulleres de Vigo tiveran a súa disposición unha infraestructura feita, coma din Rosa Fontaiña, “para mellora-las súas vidas”. Elas, xunto con outras mulleres, coma Begoña González, Rosa Vila, Anabel Rodríguez Otero, Amparo Fernández ou María Vidal, que sobre todo nos primeiros anos levaron a cabo un traballo imprescindible para o nacemento e consolidación das Vocalías da Muller das Asociación Veciñais e da Federación.

Nas primeiras paxinas coñecemos coma foi o proceso da creación da Vocalía da Muller da Federación “Eduardo Chao”; un proceso que forma parte xa da historia do movemento veciñal vigués. A viaxe a Tenerife de Iraida Montejo e Begoña González, o encontro de mulleres organizado pola CAVE, a política de Ana Gandón, a construcción por parte da Federación dunha infraestructura de traballo.... Un tempo apaixonante de actividade e crecemento, onde as Asociacións de Veciños, moi encerradas en si mesmas ata entón, como lembra Dolores Casariego abren as portas e decídense a afrontar maiores retos. “Eran uns tempos bos para o movemento veciñal” .

A Vocalía da Muller da Federación xurde nese contexto “co obxectivo de coordinar e articular as actuacións das diferentes Vocalías da Muller das asociacións veciñais da cidade”. E se ben, antes da aparición da Vocalía da Federación, pódense contar cos dedos dunha man as Vocalías da Muller existentes nas Asociacións Veciñais, no ano 93 xa son dezasete as existentes. Dous anos mais tarde, no 95, xa hai vinteseis Vocalías veciñais federadas, e o numero chega ata vintenove no ano 98. Na actualidade, trinta e dúas Vocalías da Muller de Asociacións Veciñais conforman a Vocalía da Federación Eduardo Chao.

Alcabre María Xosé Paz

Navia Consuelo Alonso

As Nosas Rúas María del Carmen Gómez y Ana María Rébollo

Comesaña María del Carmen Fernández

Valadares Noli Rodríguez

Oia Elvira Vila y Ana Otero

Bouzas Puri Barbosa

Cristo da Victoria Rosa María Acuña

Val do Fragoso María del Carmen Espiñeira

Candean Margarita Vázquez

San Xoán Poulo Nieves Abraldes

Beade Elena Alonso

Saians Tersila Dacosta

Teis María Rodríguez

Sárdoma Sita Puime

Casco Vello Mercedes Penabella

Dr.Fleming Esther Córralo

Sampaio Pili Martinez

Zamans Josefa Martinez

Castrelos Pilar García

Camiño Vello María Jose Lemos

Salgueira Rosa Gómez

Torrecedeira Rosa Posada

Freixo Sergia Davila

A Paz Aurora Rodríguez

Pontenova – Freixeiro María Jesus Ameijeiras

Cabral Dolores Graña

Coruxo Rosa María Álvarez

Lavadores María del Carmen Domínguez

Mátama María Jesus Costas

Rúas e Fontes

Fonte do Galo

“Promover actuacións destinadas a consecución da igualdade de oportunidades entre homes y mulleres.

Formar as mulleres dirixentes das Vocalías da Muller en técnicas de dirección, novas tecnoloxías, xestión de asociacións, etc.

Potenciar a participación da muller na vida veciñal como punto de partida para a integración da muller en igualdade.

Sensibilizar a sociedade de cara a problemática da muller: política social, cultural, laboral, igualdade de oportunidades, malos tratos, coeducación, etc...”

Estes son algúns dos obxectivos prioritarios definidos por elas mesmas. Uns obxectivos que dende a Vocalía da Muller da Federación explican e defenden nos foros e organización nas que participan, ben sexa no ámbito local, como o Consello Municipal da Muller, autonómico, na Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, ou nacional, como o Consello Confederal de Mulleres Veciñais de España ou a Coordinadora Nacional da Asociacións de Mulleres.

Non hai espacio suficiente nun estudio coma este para facer unha relación extensa dos centos de actividades que a Vocalía da Federación ten levado a cabo ao longo destes anos. As memorias anuais que recollen a súa andaina están cheas de actuacións, de proxectos, de cursos, congresos, exposicións, xornadas, reivindicacións. E cada ano foi a mais, abranguendo mais areas de traballo e influencia sobre todos aqueles aspectos da vida das mulleres nos que puideran, mediante o seu labor, contribuír a mellorar dalgún xeito.

“Desenvolvemento de proxectos europeos de formación para mulleres.

Exposición de traballos feitos polas mulleres nas asociacións veciñais

Posta en marcha, a iniciativa de Mulleres Veciñais de España da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.

Coordinación do Programa de formación para a muller, “O Noso Tempo”,

Creación do Punto Informa.”

Velaquí un extracto das actuacións da Vocalía da Federación “Eduardo Chao, un extracto das que a propia Vocalía salienta. E a elas deberíamos engadir cursos de moitos tipos, xornadas das dirixentes de mulleres veciñais, participacións na organización do Día Internacional da Muller Traballadora, firma de convenios con institucións publicas.... En resumo unha intensa actividade nos eidos da creación de infraestructuras, formación, e coordinación das actividades relacionadas coas mulleres de Vigo.