MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

VIAXE AS ILLAS

Unha vez ó año, déixano todo, homes, fillos, avós... (Begoña González, Animadora Sociocultural da Federación Veciñal Eduardo Chao)

A vocalía da muller da Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos xa existía cando a Federación Eduardo Chao decidiu crear a súa Vocalía, incluso antes de que Ana Gandón chegara o Concello, xa que foi creada no mes de Xaneiro do ano 1988. “A República Independente de Castrelos ó sur do río Lagares”, tal e como Rosa Vila recorda que chamaban o seu barrio, é un dos casos, como por exemplo tamén o é Navia, nos que a idea da creación da Vocalía da Muller partiu dun home, Pucho Bastos, o que naquel intre era presidente da Asociación Veciñal de Castrelos, e partiu a iniciativa dun xeito positivo, e non como viamos anteriormente coa única intención de acceder os fondos que o Concello destinaba os departamentos de muller das Asociacións Veciñais.

Rosa Vila foi a primeira representante da Vocalía da Muller de Castrelos, xunto con Carmen, Xulia e Marián, e ó fronte desa responsabilidade mantívose durante practicamente dez anos.

A Vocalía de Castrelos funcionou o longo destes anos, en palabras das súas responsables actuais, como un punto de encontro e de referencia para as veciñas do barrio, e foron moitas as mulleres que malia vivir na mesma parroquia durante toda as súas vidas, coñecéronse asistindo as diversas actividades da Asociación. Mulleres, tal e como explica Pilar García Fole, a actual responsable da Vocalía de Castrelos, que tiñan coñecemento unhas doutras por terse visto na igrexa, ou no campo, ou na tenda, pero que nunca tiveran pensado compartir, unhas coas outras, experiencias, problemas, ideas, pensamentos, proxectos, vida.

Sen embargo, e a pesar de que como ela din ironicamente, o seu fillo criouse no local da Asociación Veciñal, as actividades de Rosa Vila Cardoso non se esgotaron na Vocalía da Asociación de Castrelos. Ela participou, como xa vimos ó longo deste texto, xunto con outras mulleres como María, de Valadares, Iraida, da Salgueira, ou Maruchi, de Comesaña, na creación da Vocalía da Muller da Federación Eduardo Chao nos primeiros anos noventa, anos, nos que como ela mesmo afirma, nada estaba feito, e todo semellaba ser “doado” porque partindo de cero os resultados chegaban rápido.

Rosa Vila ten tamén un papel moi destacado na organización doutra das actividades da Vocalía da Muller da Federación Veciñal que ano tras ano foi crecendo ata alcanzar hoxe cifras realmente incribles, a viaxe as illas Cies. Esta viaxe converteuse nunha das actividades mas rechamantes de todas cantas pon en marcha a Vocalía da Federación, e proba diso e a atención prestada ó evento polos medios de comunicación. Dúas mil duascentas mulleres viaxaron as illas Cies na ultima travesía do ano 2003, e poderían ter sido mais de non ser polas propias restriccións que supón o feito de que as Cies sexan hoxe parte do Parque Natural das Illas Atlánticas. Os barcos de pasaxeiros que habitualmente realizan o traxecto as illas non foron suficientes para as mulleres da Vocalía, así que fixo falla traer dúas embarcacións mais dende A Coruña para levalas a todas.

Cento oitenta mulleres foron as “pioneiras” no primeiro ano de travesía, xa fai dez anos, no 94. Os xornais recolleron a noticia como algo realmente sorprendente, e o seguiron facendo nos anos seguintes mentres o numero de mulleres que acudían a cita non deixaba de crecer. O feito de que varios centenares de mulleres decidiran, unha vez o ano, pasar un día xuntas nunha illa fronte a costa da cidade, comezou chamando a atención dos medios pola novidade que supuña, polas dimensións que foi adquirindo, pola costume cidadá na que se converteu. Pero unha vez mais, debaixo das cifras e da nova que supón paras os xornais e as televisións ver a varios centos de mulleres subir xuntas a un barco, a viaxe as Cies equivale a un numero igual de historias persoais, de vidas dedicadas os demais, as súas familias, homes, fillos, pais, os seus fogares, que por un so día o ano, aínda que sexa por un só día, esquecen e deixan a un lado as obrigas e os compromisos da vida cotián para gozar dunha xornada exclusivamente para elas, só para elas.