MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

REPRESENTACION

“La participación activa de la mujer en los procesos de toma de decisiones que se llevan a cabo en nuestra sociedad, es uno de los aspectos más importantes para conseguir la igualdad de oportunidades entre los hombres y las mujeres. Es necesario que una nueva concepción de la familia se incorpore a la sociedad, equilibrando el reparto de las responsabilidades familiares entre los sexos. Esta actitud beneficiará a todos los integrantes de la unidad familiar y a toda la sociedad. ¡Tu eres la protagonista del cambio!”. (Folleto editado por Asociacións de Veciños)

O comezo deste estudio falabamos das transformacións nas sociedades europeas da década dos noventa. A situación de España non era, e en moitas cuestións segue aínda no 2004 sen ser, a de moitos países da Unión Europea. Europa cambiaba por completo a partir do ano 89 ó abrirse de súpeto as súas portas do leste, mentres España, xunto con Grecia e Portugal, loitaba aínda por deixar atrás a carga de ter saído na década dos setenta dunha prolongada dictadura que parecía non chegar nunca o seu fin; unha carga consistente nunhas estructuras productivas, económicas, culturais, e como non, nunha sociedade civil, lastradas por demasiados anos de illamento.

Nos primeiros días da década dos noventa, o movemento veciñal en España aglutina mais de dúas mil Asociacións de Veciños, con mais dun millón y medio de persoas asociadas, pero a pesar destas impresionantes cifras, a situación das Asociacións Veciñais, o seu funcionamento interno, non e distinta da do resto desa sociedade civil a que pertence nalgunhas cuestións, por exemplo, nó recoñecemento das mulleres como membros iguales en tódolos ámbitos da sociedade do traballo, do ocio, da vida.

No mes de xaneiro do ano 1998, Rosa Fontaiña, entonces responsable da Vocalía da Muller da Federación de Veciños Eduardo Chao, presentou en Vigo o estudio da antropóloga sueca e profesora da universidade de Umeia, Britt–Marie Thurén, “¿Mujeres en casa, hombres en la calle?”, editado pola Confederación de Asociaciones de Vecinos de España (CAVE), na Biblioteca Básica Vecinal. Para Britt-Marie Thurén, tras vivir un longo período de tempo en varias cidades de España recollendo datos para o seu estudio, Vigo incluída, as transformacións producidas na sociedade española non foran tan grandes como puidera parecer a primeira vista, especialmente polo feito, xa moitas veces mencionado, de que son os homes os que ocupan a maioría dos espacios públicos, mentres cas mulleres quedan relegadas na meirande parte das ocasións ó ámbito privado. Baste dicir como exemplo que, nese ano 98 no que a antropóloga escandinava presenta o seu libro, sete anos despois da aparición da maioría das Vocalías de Muller, 151.000 mulleres viven en Vigo, e tan só encontramos sete mulleres presidindo Asociacións de Veciños na cidade: Marina Tome, Elena González, María Alonso, Sita Puime, Amparo Martínez, María Xosé López y Patricia Torrado. No Concello, de vintesete membros da corporación municipal, soamente sete son mulleres; Maite Fernández, Concelleira de Muller, María Luísa González Outón, Marta Gutiérrez Mediero, Dolores Villarino, Carmen Avendaño, Ana Gandón, e Corina Porro, actual alcaldesa de Vigo, e a primeira muller que acada unha alcaldía das sete grandes cidades galegas.

As mulleres de principios dos noventa viven nunha sociedade, nuns barrios, nos que os seus dereitos como cidadáns, como persoas, e as declaracións teóricas ó respecto, pódense proclamar os catro ventos sen problemas. A sociedade, toda a sociedade, está en plena transformación, os cidadáns teñen cada vez máis unha maior conciencia dos beneficios que lles supón o feito de vivir nunha sociedade aberta, democrática e complexa, pero no caso das mulleres, o pasar da teoría á practica, como xa vimos, no é tan doado.

A penas fai uns cantos anos que as mulleres obtiveran o control legal dos seus propios patrimonios, case que das súas propias vidas, e son moitas as limitacións que naquel intre aínda están presentes ata no máis cotián. As responsabilidades da vida domestica, das casas, dos fillos, recaen de maneira exclusiva sobre as mulleres, a maternidade limita enormemente as súas posibilidades laborais por non estar aínda debidamente considerada. A suma de todos estes factores impide o correcto e igual desenvolvemento, mais aló das catro paredes do seu fogar, en case que tódolos ámbitos da vida para as mulleres. Ámbitos que quedan perfectamente resumidos en cinco preguntas feitas por Asociacións de Mulleres, Departamentos de Muller de Sindicatos, e pola Vocalía da Muller da Federación Veciñal:

“¿Como poder decidir libremente sobre nos mesmas se nen sequera podemos optar, en moitos casos,a ter un traballo digno?

¿Como podemos gobernarnos se cando temos un traballo asalariado temos que seguir facendo a dobre xornada do traballo domestico?

¿Como podemos decidir sobre a nosa saúde sexual e reproductiva se non se nos garanten os dereitos mínimos sobre ela desde as institucións publicas?

¿Como podemos exercer libremente a maternidade cando nin sequera se poden compatibilizar os horarios de traballo cos dos colexios ou das garderías, que non existen en numero suficiente para poder acceder a elas?

¿Como podemos decidir o noso proxecto de vida se desde que nacemos se nos adxudica un papel predeterminado en función do noso sexo?”

Nas primeiras paxinas deste estudio falabamos da viaxe no que no ano 91, Begoña González e Iraida Montejo fixeron a Tenerife, ó Segundo Encontro de Mulleres Veciñais e das dúas conclusións extraídas do devandito encontro; creación das Vocalías da Muller alí onde fora posible, e tentar que as mulleres asumiran postos nas xuntas directivas das Asociacións as que pertencían, postos con poder de decisión nas organizacións nas que estaban a traballar, como mínimo, en termos de igualdade cos homes.

Si temos en conta que xa a simple chegada das mulleres ás Asociacións a través das Vocalías creou polémicas, receos e conflictos, o seu acceso as directivas das propias Asociacións non había de contar con menos atrancos, aínda que curiosamente non só de parte dos homes titulares dos cargos nas Asociacións, senón tamén por parte de moitas mulleres que adoptaban en moitos casos unha actitude de rexeitamento ante a posibilidade de exercer labores de dirección ou de representación no seu barrio, unha actitude motivada por diferentes cuestións si atendemos as opinións das propias protagonistas.

“Si las mujeres participan en la asociación de vecinos, por lo menos en parte no lo ven como una actividad política, por lo tanto de hombres, sino como otra cosa que por lo tanto puede ser de ellas también. En el momento que se eligen representantes para ir a otros contextos, por ejemplo la Federación Vecinal de la zona, ya se considera una actividad algo mas política, algo mas publica”.

“A muller non se autovalora moito; un home pode aceptar ser presidente veciñal sen coñecer o tema, pero unha muller nunca se ve preparada”.

Estas palabras pertencen a Britt-Marie Thuren e a Rosa Fontaiña respectivamente, e reflicten moi ben ese estado de cousas que perdurou no seo das Asociacións de Veciños durante un longo período de tempo; o afastamento das mulleres do eido “político” do traballo veciñal, do lado mais publico do labor da Asociación, o que Begoña González, de Sárdoma, define como “politiqueo”.

As dificultades na obtención deste segundo e imprescindible obxectivo das políticas das Vocalías, levar as mulleres os órganos directivos das Asociacións, teñen para Consuelo Alonso e as súas compañeiras da Vocalía da Muller de San Paio de Navia unha explicación clara. Elas recoñecen que traballan moito e son conscientes de que ese traballo, o traballo das mulleres, é, na meirande parte dos casos, a columna vertebral que mantén en pe moitas Asociacións Veciñais, pero sen embargo, din elas que “por comodidade”, prefiren non exercer tarefas de dirección ou representación na directiva.

Esta afirmación pode resultar enganosa porque tratase dunha comodidade que mais aló do que puidera parecer sen mais aclaracións, non nace da falla de interese polo traballo veciñal, mais ben ó contrario, é unha comodidade que ten a súa orixe por unha banda, na idea da perda de tempo que ese traballo supón, e por outra da tarefa solitaria e acaparadora de gran parte do seu tempo que aínda para moitas, para a maioría das mulleres, segue a ser o traballo do fogar.

“Tódalas actividades públicas están enfocadas ós homes”. Para Iraida o peso das tarefas do fogar e definitivo, en moitos casos un obstáculo enorme para o acceso da muller á vida publica, as funciones representativas, a todos aqueles postos que requiren uns horarios mais complexos e enfrontados, en moitos casos, coas tarefas do fogar cas mulleres continúan soportando en solitario. Algo que no lle sucede ós homes. “Ou tes unha axuda da familia ou da parella coa que estas ou tes que enfrontarte a cincuenta mil cousas”

Nas reunións iniciais que as Vocalías da Muller tiñan entre elas nos primeiros anos da década dos noventa, ademais de que cada unha delas expuxera o resultado das súas actividades e fixera unha valoración das mesmas, formulábanse propostas de futuro, obxectivos por acadar, problemas os que dar solución. Un destes problemas era, por suposto, como afrontar as consecuencias que no círculos mais próximos destas mulleres xurdían ó dedicaren elas parte do seu tempo a unha actividade que non era a súa familia, o seu home, os seus fillos. Xa entonces, fai doce anos, falaba Iraida coma agora. Ela era entón a primeira representante da Vocalía da Muller da Federación, e reclamaba, naquelas xuntanzas, igualdade, o dereito a ter igualdade, a desenvolver unha vida na Asociación en completa equidade cos homes, aínda que eran ben conscientes dos problemas que isto podía causarlles. Falaban tamén dos esforzos que mellora-la situación das mulleres suporía e de como todo seria moito mais doado de contar coa colaboración necesaria nas súas respectivas casas. Chegar a casa tarde, dar explicacións, aguantar os comentarios dos veciños, das nais, das sogras, comentarios sobre si os fillos e mailo home estaban mal atendidos mentres elas estaban horas e horas falando, non se sabia ben de que, nun lugar, a Asociación, que non lles pertencía.

A realidade é outra hoxe. Nas directivas hai mulleres, nas presidencias, nas vicepresidencias, o posto de mais responsabilidade do movemento veciñal, a presidencia da Federación Eduardo Chao está ocupado por unha muller, as cifras de analfabetismo xa non son as mesmas, a realidade e outra hoxe.......... pero, ata que punto isto é certo?. “Seguimos a ter o mesmo problema, pero non só nas Asociacións de Veciños, nos sindicatos, por exemplo, pasa o mesmo, e o problema está sobre todo na casa”. Isto e que pensa, Dolores Casariego, que ten claro que a evolución no foi tanta como sería desexable neste aspecto en todos estes anos e que moitas mulleres seguen sen dispoñer da colaboración, e consecuentemente das horas necesarias, para levar a cabo tarefas de representación na vida publica. Loli fala tamén da parte positiva. A existencia das Vocalías da Muller nas Asociacións Veciñais serviu de algún xeito como motor de evolucións sociais, xa que foron moitos os casos de familias nos que redistribuíronse o peso das tarefas do fogar, do coidado dos fillos, ó ver os homes que as súas parellas decidiran desenvolver unha serie de actividades na asociación veciñal e polo tanto dedicaban a iso parte do seu tempo.

A que fora Concelleira da Muller do Concello de Vigo durante o goberno municipal do Partido Popular, Maite Fernández, facía unhas declaracións no acto de apertura das Cuartas Xornadas de Mulleres Veciñais en Decembro do ano 96, nas que describía claramente esta situación que aínda hoxe mantense vixente: “Nos sindicatos hai moitas mulleres a traballar pero os secretarios comarcais son homes. No movemento veciñal a mesma historia, elas móvense, traballan e non paran, pero o presidente e un home”. Nas mesmas datas, Rosa Fontaiña declaraba; “Son as mulleres as que veñen a Federación a traballar, somos maioría nas vocalías dos barrios e as mais inquedas pero o presidente e un home”. Rosa Vila, de Castrelos refírese ó mesmo: “As mulleres teñen medo a asumir esa responsabilidade porque non se valoran”. E lembra a idea estendida entre moitas mulleres de que as súas opinións non contaban demasiado ou que non lle interesarían a ninguén, e a propia Rosa Vila comprobou en algunha das súas primeiras intervencións nas xuntanzas da Asociación de Castrelos cal era a orixe desas ideas, cando os homes presentes na directiva, maioría entón, non lle prestaban demasiada atención.

Xa vimos tamén como no estudio sobre o movemento veciñal en España da antropóloga de orixe sueca, Britt-Marie Thurén, “¿Mujeres en la casa, hombres a la calle?”, recollíase a tendencia dos homes a ocupar o ámbito publico e a relegar as mulleres o privado, ó calado, a un traballo xordo, moitas veces non valorado, e que no momento da súa exposición publica, da súa posta en escena ou da súa aproximación o entorno político, a relación coas autoridades correspondentes, é monopolizado por homes.

Hoxe, a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao e unha muller, Elena González, pero fai dez anos, no mes de Febreiro do ano 93, a prensa local falaba como de algo moi pouco frecuente, da noticia de que nas eleccións a directiva da Asociación de Veciños “Camiño Vello” de Coia, esta mesma muller, Elena González Sánchez, resultaba elixida Presidenta da Asociación cunha directiva na que unha boa parte dós cargos están xa ocupados por mulleres.

A conclusión que podemos sacar do sucedido nesta década de intento de acceso das mulleres os postos directivos do movemento veciñal pode moi ben ser a mesma que Britt-Marie Thurén escribía fai agora seis anos, e na que referíase o feito de que as mulleres dos movementos veciñais creen que os homes das Asociacións contan con elas para traballar pero esta confianza non se traduce en que sexan logo mulleres as que ocupen os postos directivos ou de representación das organizacións veciñais.

A resposta a pregunta que antes nos fixemos é pois que en Vigo, tres décadas despois do nacemento do asociacionismo veciñal, as cousas cambiaron e hoxe xa son moitas mais as mulleres que desenvolven o seu traballo en postos de responsabilidade. As cousas cambiaron, pero tal e coma di Iraida, ou coma nos recordaba Loli Casariego, as cousas non teñen cambiado tanto coma nos quixeramos.

As mulleres que nestes quince últimos anos ocuparon postos de responsabilidade na vida publica, nas Asociacións Veciñais, nos sindicatos, nos partidos políticos e noutras organizacións, e as que o están a facer na actualidade, todas aquelas que de moitos xeitos conseguiron superar todos estes atrancos, conforman unha primeira xeración, un grupo aínda reducido de mulleres que sirve de exemplo e mostra o camiño a seguir a tódalas que viran nos próximos anos.