MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

PROPOSTAS

“Se o movemento veciñal esta estancado haberá que comezar de cero”. (Mercedes Penabella, actual Responsable da Vocalía da Muller da Federación Veciñal de Vigo “Eduardo Chao”)

Nos tres anos que Mercedes Penabella leva traballando no movemento veciñal tivo tempo suficiente para ter claro que é necesario un revulsivo que devolva o asociacionismo dos barrios e parroquias de Vigo o pulo que tivo non fai moito tempo. Un pulo que fixo que as Asociacións Veciñais de Vigo formaran un movemento social cunha altísima conciencia de si mesmo, orgullo dos habitantes da cidade e toda un forza reivindicativa con gran capacidade de mobilización, unha característica inseparable do movemento veciñal, precisamente pola súa capacidade para por en marcha ós habitantes dun barrio con respecto ao seus intereses mais próximos.

As ideas de Mercedes Penabella son claras e están en sintonía coas preocupacións e as inquedanzas da maioría das mulleres que hoxe están nas Asociacións, nas Vocalías de Muller. “E necesario un exercicio de reflexión para saber cara a onde imos”. “Se o movemento veciñal esta estancado haberá que comezar de cero”

Levar as mozas as asociacións, formalas no traballo veciñal, conseguir acabar co medo que, como explica Rosa, dende Castrelos, existe en moitos dirixentes das Asociacións a que a xente mais nova irrompa as directivas, o medo ao relevo. Orienta-las actividades de formación a integración laboral. Profundar deste xeito en formulacións e proxectos que xa estiveron presentes dende o principio nas políticas de muller do Concello e da Vocalía, como foi Kanguros ou o programa Marta 30. Estas son algunhas das formulacións de Mercedes como recen nomeada responsable da Vocalía da Muller da Federación Veciñal “Eduardo Chao”.

O proxecto Marta 30 merece unha reseña especial polo que tivo de acercamento das actividades das Vocalías da Muller ó mundo da integración laboral, da apertura de portas profesionais para mulleres que en moitos casos teñen especiais dificultades para atopar un posto de traballo. Marta 30 tratábase dun proxecto de formación para mulleres empresarias e cooperativistas. Este proxecto foi concedido pola CAVE, e estaba financiado polo Fondo Social Europeo e polo Ministerio de Asuntos Sociais. De toda Galicia, só Vigo obtivo o Proxecto Marta 30, o que en palabras de Rosa Fontaiña debeuse a que “a presencia de mulleres no movemento veciñal desta cidade e mais forte que en ningunha outra parte de Galicia”.

Como outros proxectos, Marta 30, incluíase dentro do ámbito da promoción do emprego, e estaba composto por cursos de catering e de xeriatría. 645 horas de traballo durante un par de anos. Sesenta prazas destinadas a mulleres de idades comprendidas entre os vintecinco e os cincuenta anos, en moitos casos con escasos recursos económicos e formativos e que gozaban tamén de asesoramento técnico gratuíto durante seis meses de duración sobre cuestións esenciais como planes de viabilidade, situación do mercado, etc.

Maruchi Fernández, a pesar dos mais de doce anos á cabeza da vocalía da muller de Comesaña, e de afirmar claramente que lle gustaría que outras mulleres a substituirán, forma parte agora, xunto con María Xesús Vicente, de Matamá e Rosa María Álvarez, de Coruxo, do novo equipo de traballo da Vocalía da muller da Federación, que dirixe Mercedes Penabella. Maruchi fala de que as actividades da Vocalía da súa Asociación, San Andrés de Comesaña, sempre estiveron orientadas especialmente a formación, e que incluso mais dunha muller emprendeu unha traxectoria profesional tras formarse nos cursos da Vocalía. Fala da necesidade “dese paso mais aló”, e cando o fai, pensa na constitución de cooperativas de traballo, agora que hai nas Vocalías mulleres cos formación necesaria para sacar adiante proxectos coma eses.

Mercedes Penabella precisa aínda mais e refírese ós intentos de artellar dende as Vocalías mecanismos dirixidos a integrar no eido laboral a colectivos de mulleres especialmente sensibles como é o caso das mulleres víctimas de malos tratos. Mulleres que despois da súa estancia nunha casa de acollida carecen, en moitas ocasións, de recursos, medios ou contactos suficientes para levar adiante unha vida digna e afastada do pesadelo contra o que tiveron que loitar. Un xeito no que as Vocalías da Muller das Asociacións Veciñais poderían intervir directamente nun dos maiores problemas que as mulleres veñen sufrindo xa de lonxe.

A posibilidade de que as Vocalías canalizasen a súa actividade mediante o desenvolvemento dun labor mais complexo nos ámbitos da formación profesional de mulleres e a súa posterior incorporación o mundo laboral en igualdade de oportunidades non esgotaría os seus beneficios nos seus propios fines, senón que dalgún modo, atoparía respostas, por unha banda ós motivos da crise do movemento veciñal, e pro outra, a cal debe ser a identidade, “a razón de ser” das Vocalías da Muller da aquí en diante. Rosa Vila afirma con razón que “coa perda da función reivindicativa as asociacións no funcionan, e así as Vocalías desaparecen”.

¿Pero, podemos reivindicar?. A resposta e clara, por suposto que si, non so podemos, senón que debemos facelo. Begoña González din que “as Vocalías da Muller son as mais activas, as mais loitadoras, as que mellor coñecen a realidade do barrio, as que teñen maior capacidade reivindicativa”.. pero hoxe, no ano 2004, ¿sabemos ante quen debemos facelo? ¿e como facelo?............

A sociedade xa non e a mesma que fai doce anos, nin sequera a mesma que fai cinco ou seis. Novos retos aparecen cada día. O camiño percorrido na ultima década por todas estas mulleres e un camiño que todas farían de novo, e algunhas das esperanzas e ilusións que tiñan cando comezaron o seu traballo en cada barrio, en cada Vocalía, son hoxe, xa, realidades que fan máis doada a vida das súas veciñas. No principio dos 90 todo está por facer, as mulleres que se fan cargo da dirección das Vocalías coñecen ben o camiño que deixan atrás e saben o que esperan do futuro, igualdade, recoñecemento, respecto e saben a quen deben dirixirse para acadalo.

Para Begoña González, hoxe corren malos tempos para o asociacionismo, a reivindicación, a loita social. Cree que a xente mais nova fuxe do movemento veciñal porque supón implicacións políticas. Pero non e a única cunha valoración negativa da conxuntura actual. “A xente esta defraudada. Non se reivindica”, din Rosa Vila. “Ou non sabemos entender cales son os seus intereses”, e fala da masiva mobilización social, especialmente da xuventude, que produciuse tras a marea negra causas polo afundimento do buque Prestige, o que contradiría o axioma as veces formulado da falla de compromiso xeneralizado entre a xente mais nova. Para Dolores Casariego non é nin moito menos así, senón que “estamos diante da xuventude mellor preparada e das mais comprometida que tiveramos nunca, sen embrago a vida veciñal no lles resulta atractiva porque ocupase de problemas que no lles parecen interesantes mentres que deixa os seus problemas a un lado”

Moitos dos problemas que dalgún xeito preocupan as mulleres do século XXI e que as Vocalías tratan de afrontar, atópanse nunha conxuntura similar a esta, xa que quedan frecuentemente fora das competencias das administracións que lle son mais próximas as forzas veciñais; a violencia de xénero, a igualdade laboral de soldos e funcións ....., o que é o mesmo, converte en unha tarefa difícil artellar, non soamente o traballo por facer, senón tamén dirixilo as persoas ou as entidades que realmente teñen a capacidade para atopar solucións. Esa e a chave para un bo futuro do movemento veciñal, atopa-la súa razón de ser.

Dolores Casariego fala deste xeito avalada pola experiencia que lle dan mais de dez anos no movemento veciñal e dende o seu actual posto de Vocal de Cultura da Federación “Eduardo Chao”. “Temos a sensación de que as Vocalías xa o teñen todo feito e non poden avanzar mais. Da forma na que esta a actual estructura, non poden avanzar mais, teñen que cambiar, modifica-la súa estructura. Entrar mais no terreo formativo e formativo laboral”.

Levar a cabo funcións coma estas, lograr que dun xeito útil as Vocalías da Muller das Asociacións Veciñais consigan atacar directamente os problemas ós que se enfronta a muller contemporánea significaría ter de novo a posibilidade, como fai doce anos, de perseguir, reivindicar, loitar por retos posibles, contra inimigos certos, por causas xustas, dotar as Vocalías da Muller da natureza que lles corresponde no século XXI.

Pero hai mais. Begoña González fala da necesidade da profesionalización dos corpos directivos das Asociacións Veciñais, da necesaria contratación de técnicos capaces de manexar con eficacia grandes orzamentos e proxectos en moitas ocasións de suma complexidade, coa preparación suficiente como para dotar de contidos a unha das mellores infraestructuras asociativas de España. Asemade, fai referencia tamén ó necesario que é dar autonomía ás Vocalías das propias Asociacións, “O futuro ten que partir delas”.

Desta opinión e tamén Encarna Fernández, da Vocalía da Muller de San Paio de Navia ó afirmar que unha das condicións básicas para un mellor futuro é dotar ás Vocalías das Asociacións de mais autonomía, autonomía en tódolos sentidos, comezando polo económico e con el, a capacidade para decidir sobre as súas propias actividades.

Profundar e a aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías como internet, tal e como propoñen dende a Vocalía da Muller da Asociación Monte da Mina de Castrelos; implica-la xuventude nas actividades da Vocalía como din dende a Asociación de Veciños San Miguel de Oia son algunhas das propostas e ideas que xunto coas xa citadas anteriormente as mulleres das Asociacións Veciñais formulan mirando ó futuro. E a integración dos homes, como suxire Mercedes Penabella, lograr que “participaran os homes nas vocalías de muller”; algo que Rosa Fontaiña xa mencionou tamén fai algún tempo “Gustaríame que os homes entren a formar parte das nosas reivindicacións porque consegui-las melloras que pedimos redundará nunha mellora para a sociedade en xeral. O que no entenda esta evolución esta no Paleolítico. Ós homes do movemento veciñal moléstalles que unha muller teña poder ou sexa considerada por enriba deles.

Pero non e doado. As sociedades europeas contemporáneas presentan enormes contradiccións que afectan ó conxunto da cidadanía e as que non ponde ser alleas as Vocalías da Muller. Rosa Vila o confirma: “As mulleres están volvendo outra vez a casa, non están saíndo, cústalles mais saír, xa non hai tanta participación como había antes”. E os medios de comunicación recollen esta tendencia como unha corrente social xeneralizada na maioría dos países do noso entorno mais próximo.

Das cifras de mulleres mortas xa falamos neste estudio. Crecen cada ano. A sociedade na que vivimos parece acadar pouco maiores cotas de benestar e liberdade para os seus cidadáns, pero simultaneamente, o certo e que a violencia de xénero é hoxe un problema sen unha solución inmediata. Os países escandinavos, nos que en moitas ocasións nos miramos como vangardas das sociedades que desexamos ser, presentan datos e estatísticas aínda moitos peores de violencia de xénero; o corenta por cento das mulleres en Finlandia, é na actualidade, ou o foi algunha vez, víctima de malos tratos. O risco de chegar pronto a eses limites senón facemos algo antes, non pode, nin debe, ser ignorado