MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

INTEGRACIÓN

“As mulleres do noso barrio están totalmente integradas na nosa asociación, e en gran parte, pódese dicir que é gracias o labor que desempeña esta vocalía. Gracias o labor de vocalías como a nosa, pódese afirmar que estes cursos son unha forma de que as mulleres saian da casa, se relacionen entre elas dunha forma distendida e en confianza, e dicir, que teñan un tempo para elas” (Sergia Davila Prado, Responsable da Vocalía da Muller da Asociación de Veciños “O Freixo” de Valadares)

As Asociacións Veciñais, en palabras de novo de Britt-Marie Thurén, axudan a borra-lo limite entre o publico e o privado, entre o feminino e o masculino e “facilita o crecemento dunha cultura mixta e a presencia feminina permite un deseño de vida colectiva no que están cada vez más presentes as necesidades deste grupo social”.

O certo e que o noventa por cen das mulleres que traballan hoxe no movemento veciñal chegaron a el por medio das Vocalías de Muller, o que din bastante do que a creación destes “espacios para as mulleres” dentro das Asociacións de Veciños significou para a normalización da presencia das mulleres na vida publica.

Esta proceso de normalización rematará algún día cando a realidade obxectiva desa vida publica sexa igual, e todos e cada uno dos seus termos, para homes e para mulleres. O éxito será completo entón, e aínda o sería mais si o mesmo tempo lograramos corrixir algún outro comportamento que atinxe a vida das Asociacións Veciñais, da vida da sociedade civil, da participación cidadán, e no que desgraciadamente si que existe igualdade entre mulleres e homes. As palabras de Maruchi Fernández o resumen con claridade; “Somos cómodos, e criticamos a xente que esta traballando na asociación, pero sen embargo a hora de botar unha man, non facemos nada”.

Dolores Guisande e a compañeira de María Rodríguez na Vocalía de Muller da Asociación de Veciños de Teis. A día de hoxe, ámbalas dúas son as únicas compoñentes da Vocalía de Teis. Despois de dous anos de traballo no movemento veciñal, Dolores confesa abertamente que antes de chegar a Vocalía, antes de ter coñecemento de primeira man do que era o traballo a prol da súa veciñanza, mantiña unha postura moi critica respecto o labor da Asociación, ó seu funcionamento interno, a súa teórica “incapacidade” para acadar obxectivos, para facer realidade as peticións dos veciños, para cubri-las súas necesidades. A súa dedicación actual á Vocalía da Muller fai que, hoxe, Dolores non se limite soamente a esa tarefa senón que tamén participe activamente no resto de funcións da Asociación Veciñal, e que por todo iso, sexa plenamente consciente de que a traballo dende as vocalías, dende as asociacións en xeral, é extremadamente difícil, porque difícil e obter compromisos reais dos responsables políticos, difícil e manexarse en complexos mundos administrativos e difícil é, por suposto, ter en conta todas e cada unha das posturas dos seus veciños.

Na Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello podemos encontrar outro exemplo de integración das mulleres na vida Veciñal do seu barrio, e non so iso, Casco Vello é tamén unha mostra dunha vida veciñal que se estende no tempo incluso con anterioridade a época da fundación das primeiras asociacións, e que xa naquel intre tiña as políticas de muller como un elemento importante da súa actividade, e aínda que sen constituír unha Vocalía de Muller de xeito expreso, tratábase de un incipiente e valioso movemento de mulleres, con mulleres e para mulleres.

Nos comezos da década dos setenta un grupo de estudiantes sentaron as bases dun movemento asociativo asembleario nunha das zoas mais empobrecidas e marxinais do Casco Vello de Vigo, a zoa cércana o antigo Castelo de San Sebastián, hoxe Concello de Vigo, mais concretamente a rúa Ferrería e as demais rúas adxacentes, as zoas de prostitución con maior actividade.

Esta incipiente vida asociativa era artillada, ó menos no seus inicios, unicamente por varóns. Os programas de actuación postos en marcha estaban dedicados os homes, e ademais, a causa da elevada conflictividade que presentaba unha zoa de prostitución como esa, provocaba que as mozas foran excluídas de esta vida veciñal. Para contrarrestar dalgún modo este feito programáronse actividades socio educativas que xustificaran a saída das mozas das súas casas para acudir as xuntanzas do grupo. Para iso puxéronse en marcha talleres de costura e patronaxe semindustrial, e cursos de alfabetización e formación sexual.

Estes foron os primeiros pasos do que xa case nos anos oitenta seria finalmente a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello - Vigo Centro. Na posta en marcha desta Asociación estaban tan presentes as mulleres do barrio que nos propios estatutos da asociación de veciños recóllense explicitamente no artigo 3 o dereito a igualdade entre homes e mulleres, a defensa dos dereitos das mulleres dentro e fora da asociación, a denuncia dos malos tratos, a defensa dos dereitos das prostitutas, a defensa da declaración internacional sobre a eliminación da discriminación da muller de 1967 ou do convenio para a represión de trata de persoas e de explotación da prostitución allea de 1951. En resumo moitos dos principios presentes na fundación e na actividade principal das Vocalías da Muller. No ano 93 púxose definitivamente en marcha a Vocalía da Muller do Casco Vello, e Felicidad Pérez Pazó foi a súa primeira responsable, mais tarde substituída por Fátima Suárez e Elisa Agra, sucesivamente, ata chegar a que é a actual vocal da Federación Veciñal “Eduardo Chao”, Mercedes Penabella Romero.

Os exemplos son moitos, e en cada Vocalía encontraremos un cento deles, casos e casos de mulleres que tiveron a oportunidade de formar parte da vida do seu barrio dun xeito distinto, dun xeito que asemade servía para cambia-las súas propias vidas. Como Dita, de Sárdoma, que os seus setenta e cinco anos atopou nos cursos de alfabetización da Vocaliá da Muller do seu barrio, a oportunidade de acceder a unha formación básica e que a ela serviulle para escribir “Memorias de Dita”, un libro no que recollía refráns e falaba do traballo que facían na Vocalía onde acudía coas demais mulleres da parroquia.

As Vocalías da Muller das Asociacións Veciñais son un punto de encontro, feito para “favorecer a integración das mulleres na vida social da parroquia, ademais de eleva-lo seu nivel cultural mediante o fomento das relacións das mulleres entre si” coma din María Xosefa Paz, responsable da Vocalía da Asociación “A Nosa Terra” de Alcabre. Unha integración que dende “O Freixo” pensan que está normalizada no seu barrio despois de anos de traballo e de sacar das súas casas a centos de mulleres para que acudiran ó local da Asociación, como na Asociación de Matamá, ou a de Candean, a de Bouzas, a do Cristo da Victoria, a de Saians.....