MEMORIAS DE MULLER

MEMORIAS DE MULLER

Alberto Prieto Rodríguez

Volver al índice

 

 

 

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“A violencia ten un xénero, o feminino, unha verdade e uns cómplices, a sociedade” (Rosa Fontaiña. Coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os malos tratos)

No ano 1998 houbo 18.000 casos denunciados de malos tratos en toda España, e cada dez días morreu unha muller víctima da violencia de xénero, tres delas en Galicia. Nese momento, en Vigo, os colectivos de mulleres maniféstanse e aspiran a ser consideradas como un “problema de Estado” co fin de que tódalas administracións públicas e os responsables políticos correspondentes dediquen, por fin, a atención e as partidas orzamentarias necesarias para erradicar dunha vez por todas da sociedade, dos fogares, dos postos de traballo, das rúas, a violencia exercida contra elas. Hoxe, seis anos despois, o numero de días transcorridos entre cada muller morta por causa da violencia de xénero xa non e dez, e menos de cinco, e a tendencia mostrada nos derradeiros anos presenta unha indubidable senda de crecemento.

Nese ano 1998 a Vocalía da Muller da Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo, por iniciativa de Mulleres Veciñais de España, pon en marcha unha campaña de concienciación e formación con fin de asesorar e actuar contra os malos tratos e coa intención de crear unha rede de apoio as mulleres maltratadas. Son estes os primeiros pasos dun proceso que teñen como consecuencia a constitución da Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os Malos Tratos, á que definen como “un grupo organizado de mulleres vinculadas ás Asociacións Veciñais que apoian e acompañan ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura cos malos tratos, que aspira a constituíndose nun referente social de denuncia e mobilización contra os malos tratos”.

Para iso, a Rede nace cunha serie de obxectivos como o aumento da sensibilización social perante os malos tratos, contribuíndo deste xeito a súa denuncia social en tódolos casos, a creación dunha cada vez maior infraestructura de información e orientación para as víctimas, desenvolver tarefas de prevención nos barrios e nas familias ou promove-la manifestación publica contra os malos tratos, sempre co a única finalidade de lograr elimina-la violencia da vida das mulleres.

A Rede forma mediadoras sociais a través de cursos nos que mediante unha formación teórica e practica adquiren os coñecementos en habilidades sociais, servicios de información da muller ou os xeitos de mediación en casos de malos tratos necesarios para formar parte da Rede como mediadoras activas. A coordinación da Rede parte da Federación Veciñal, e artillase a través das Vocalías da Muller de tódalas Asociacións Veciñais e de mulleres que traballan no barrio sen estar integradas necesariamente na estructura dás Vocalías. Atención, orientación, acompañamento, e seguimento son os seus principias cometidos. Tal e como explica a que fora Responsable da Vocalía da Federación e Coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais, Rosa Fontaiña, “a rede de apoio as mulleres maltratadas ten o seu núcleo na Vocalía da Muller da Federación, pero para lograr unha maior imbricación coa sociedade , estendese a través dos barrios e asociacións veciñais”.

No mes de Decembro do ano 99, un ano despois da súa posta en funcionamento, as primeiras cincuenta mediadoras de malos tratos, reciben as súas credenciais, despois dun longo período de formación que comezaron preto de duascentas persoas, incluídos seis homes, pero que soamente medio centenar, todas mulleres, conseguiu rematar.

Ademais da atención ás víctimas de malos tratos e da formación das mediadoras, a asistencia a xuízos, realización de videoforums, reunións periódicas coas forzas de seguridade do Estado en función do Convenio de Colaboración da Campaña “Se te pega non te quere. Quérete ti, denúnciao”, ou concentracións mensuais denunciando os casos de víctimas de malos tratos as que acoden mulleres da Rede, asociacións de mulleres, representantes do Concello de Vigo, representantes do movemento veciñal e das Vocalías da Muller das Asociacións Veciñais e todas aquelas persoas interesadas en denunciar e solidarizarse co problema da violencia de xénero, son algunhas das moitas actividades que a Rede levou a cabo durante os seus anos de traballo dende a Federación Veciñal Eduardo Chao.

A Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo ó longo da súa andaina, formou mais de duascentas mediadoras ata o ano 2003, momento no que as mulleres da Rede constitúen a Asociación de Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os malos tratos, unha asociación independente do movemento veciñal, e polo tanto afastada do ámbito da Federación “Eduardo Chao”.

A participación da Vocalía da Muller da Federación Veciñal na construcción dunha infraestructura de apoio e axuda a muller continuou no ano 2000, dous anos despois do nacemento da Rede de Mulleres Veciñais, cando a través dun convenio que a propia Federación “Eduardo Chao” subscribe có Concello de Vigo no marco do “Primeiro Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres”, crease o primeiro punto de información para mulleres, o “Punto Informa”.

O Punto Informa entra en funcionamento a finais do ano 2000, no mes de Decembro, e define as súas funcións como: Atende-las mulleres co demanden aportándolles información xeral de interese, informar das actividades y servicios especializados en muller existentes en Vigo, denuncia-los malos tratos e detección de casos, e realizar labores de acompañamento das mulleres co soliciten a iniciativa propia ou a petición dos servicios públicos para mulleres.

En coordinación coa Rede de Mulleres Veciñais, o Punto Informa atende os casos de mulleres que solicitan información e atención en diferentes ámbitos, formación, traballo, malos tratos, direccións de recursos de muller, orientación...., e o fai a través da recepción persoal das mulleres interesadas ou mediante a atención telefónica, escoita activa, análise da súa situación, axilización dos primeiros trámites e o rexistro dos casos atendidos.